marea de vigo pide o cese de lópez veiga.

8 de Xuño de 2020

Marea de Vigo pide o cese do Presidente da Autoridade Portuaria, López Veiga, antes de que o mal sexa irreparable no porto e na actividade económica na ría.

O Grupo municipal cualifica ao presidente da entidade de “liquidador industrial e económico” .

Rubén Pérez: “é extremadamente grave o denunciado por CCOO, tras ter acceso a un informe de alegacións da avogacía do estado presentado ao xulgado do Mercantil nº 3 no que se pretendía que a concesión dos terrenos non formaran parte dos activos en liquidación e polo tanto puideran ser adquiridos por unha empresa con vocación de retomar a actividade industrial”.

Vigo, 8 de xuño de 2020. Marea de Vigo afirma que López Veiga mentíu ao anunciar que acataría a sentenza e considera que esta alegación amosa que os intereses privados de empresarios loxísticos, mesmo que operan en maior medida no Porto de Leixões, non poden estar por enriba da continuidade da actividade de construción naval nos terrenos de Vulcano.

Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo, sinalou hoxe que “quen aproba finalmente o Plan Especial do Porto que poida clasificar para outros usos o solo de Vulcano e o inclúe no seu PXOM é o Concello de Vigo, polo que alegaremos para evitar as pretensións do porto de liquidar un futuro industrial aos terrenos toda vez que se abre o proceso de aprobación do PXOM hoxe mesmo coa publicación da Xunta do proceso da aprobación da Avaliación Ambiental Estratéxica”.

Marea de Vigo alegará ao PXOM para blindar no mesmo o uso industrial dos terrenos do porto que actualmente ocupa a antiga Vulcano. Do mesmo xeito trasladará ao Congreso dos Deputados unha iniciativa para impedir que o ditamen do Consello do Estado sexa contrario a un uso industrial e con emprego nos terrenos de Vulcano.