marea de vigo pide que o m.a.r.c.o. manteña o seu proxecto de museo contemporáneo

28 de Agosto de 2017

56a0eb2ac6-23_marco.-museo-de-arte-contemporaneo-de-vigo

Rubén Pérez, considera que a “a asunción do patronato e da maioría do orzamento por parte do Concello non é excusa para converter o contedor cultural nun espazo multifuncional para as ocurrencias deste ou de futuros gobernos locais”

Lembra que o M.A.R.C.O. foi quen de colocarse no circuito europeo e estatal avanzado en canto a programación e oferta relacionada coa arte contemporánea e que, argumentar que “hai que abrir o museo a outra realidade cultural” e considerar este traballo e resultados de anos como algo alleo á cultura da cidade. Os vigueses e viguesas teñen a mesma receptividade e capacidade para disfrutar da arte contemporánea como o fan en Madrid, Barcelona ou Berlín.

O MARCO, especialmente baixo a dirección de Iñaki Martinez, conseguiu incluirse no circuito museístico de grandes museos polo que, ante o feito lamentable de que non imos ter de novo a Iñaki á fronte do futuro do Museo é imprescindible “abrir o proceso de contratación pública baixo criterio de méritos e experiencia para contratar un novo director” Plantexar unha xestión centralizada dentro da Rede Museística Viguesa é un erro absoluto.

Rubén Pérez lembra que o MARCO foi quen de subsistir ante os recortes dos orzamentos pola vía da marcha de diferentes administracións que aportaban recursos, o sistema concesional a empresas da xestión das salas, a infrautilidade de espacios como o anexo posterior (agora de uso hoteleiro case en exclusividade), a desaparición da tenda, etc… son exemplos do que ten vivido o museo nestes últimos anos.

Agora, lamenta Marea de Vigo, confirmado que non hai unha decidida aposta por encauzar o futuro do MUSEO dentro do seu proxecto cultural orixinario, e que estará supeditado ás ocurrencias da alcaldía de Vigo asitimos a unha política ue vai “desnaturalizar o propio museo” e proba delo é a discutible expo de réplicas dos guerreiros de terracota de Xian ou tentativas máis ousadas que non teñan nada que ver coa arte contemporánea e a súa divulgación colectiva e social.