marea de vigo pide que se aclare o estado real das árbores de gran vía e do seu futuro ante as versións contradictoria do concello

19 de Xuño de 2019

Marea de Vigo lembra que o proxecto orixinal contiña un informe dun perito agrónomo que falaba dun estado de enfermidade dos tilos e que recomendaba o seu talado. Este estado sempre foi para Marea de Vigo cando menos discutible e considera que o proxecto debe conservar a masa arbolada orixinaria e non ser substituida por novo arbolado.

Vigo, 19 de xuño de 2019. Marea de Vigo lembra que o proxecto incluía a tala de 128 árbores (45 camelios, 29 laranxos no boulevar e 13 tilos e 41 castaños de indias que están plantados nas aceiras da rúa) co argumento de estar enfermos ou con risco de desprendemento e que solo se recomendaba o transplante de camelios e laranxos. Polo tanto, vistas as declaracións do alcalde, debería aclarar se as árbores que se transplanten a Castrelos incluirán os tilos e os castaños das beirarúas, onde verdadeiramente radica a riqueza ambiental e de patrimonio natural da Gran Vía.

O informe mesmo falaba dunha afección nos camelios como é a do fungo ciborinia cameliae, que evita a floración e que se asociaba no informe ao efecto da contaminación xerada polo tráfico. De ser así tería que aclararse o seu traslado.

Marea de Vigo sigue a cuestionar a substitución da masa arbolada actual nas beirarúas, con máis de 50 anos de existencia por novas especies que tardarán anos en medrar como o ginkgo biloba e que non ofrecen a masa arborada compacta como a actual.

Do mesmo xeito trasladará ao parlamento europeo, a través da comisión de peticións cando esté constituida e en funcionamento despois das recentes eleccións europeas, unha consulta para que a UE aclare se unhas escaleiras mecánicas cun custe enerxético e polo tanto cunha pegada de carbono moi elevada e a tala de masa arborada existente entra dentro dos criterios obxectivos que marca o uso dos fondos EDUSI e a estratexia ambiental e de sostenibilidade que persigue o uso deste fondos comunitarios.