marea de vigo pide que se reformen as pistas de atletismo de balaídos con cargo ao convenio entre concello e deputación para a reforma do estadio

9 de Xullo de 2015

MAREA DE VIGO PIDE QUE SE REFORMEN AS PISTAS DE ATLETISMO DE BALAÍDOS CON CARGO AO CONVENIO ENTRE CONCELLO E DEPUTACIÓN PARA A REFORMA DO ESTADIO

O voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, considera que o RC Celta debería ceder parte do ingreso por venta de entradas e abonos para compensar a forte inversión que as administracións públicas farán para reformar unha infraestrutura que usa en réxime de monopolio.
Marea de Vigo considera que en Vigo faltan dotacións deportivas máis aló das relacionadas co fútbol e os custosos campos de herba artificial e pon como exemplo clubes de patinaxe, atletismo, balonmán que entrenan e compiten en precaridade na nosa cidade.
Marea de Vigo considera que a reforma de Balaídos ademáis de ser financiada mediante acordos entre administracións ten que ter aparellada a redacción dun novo convenio de colaboración entre o Celta e o Concello para que o mantemento do estadio e o custo da renovación sexa amortizado mediante a participación pública nos ingresos polo usufructo da infraestrutura.
Marea de Vigo considera que ten a parte que aporta a Deputación en forma de reparación de instalacións deportivas ten que establecer un criterio de prioridade polo que considera que non hai unha infraestrutura deportiva na cidade que teña un estado máis penoso que as pistas de atletismo de Balaidos, que non teñen por outra banda outra instalación semellante alternativa, cousa que si pasa nos casos dos campos de fútbol.
En canto ao convenio polo uso de Balaídos, Marea de Vigo lembra que noutros casos como o do estadio do Mallorca as sentencias xudiciais obrigaron posteriormente a asinar un novo convenio para que o custe da reparación e mantemento fora asumido polas dúas partes ao entender que se ben é certa (e citamos literalmente a sentencia) “la importancia que en la actualidad solo el RCD Mallorca es la entidad deportiva profesional que en esta Comunidad puede garantizar el poder de convocatoria necesario para rentabilizar deportivamente un estadio con capacidad para 26.000 espectadores, es importante la celebración de un convenio que implica una importante cesión de usos del estadio deportivo a un Club de Fútbol Profesional, máxime cuando de dicho Convenio se desprende que la sociedad anónima deportiva realiza una importante aportación de 600 millones de ptas. para la construcción del estadio, así como se compromete al mantenimiento y la conservación de todas las instalaciones del mismo. Piénsese que de no realizarse dicho convenio, sería el Ayuntamiento el que debería asumir unos costes de conservación escasamente rentabilizados con esporádicas actuaciones deportivas.
(Sentencia 1173/2001 del Tribunal Superior de Justicia de Les Illes Balears, de 11 de diciembre de 2001).
A Marea de Vigo considera que un novo convenio evitará que a evidentemente necesaria reparación do estadio municipal de Balaídos sexa entendido por unha parte importante da poboación como un agravio económico nun tempo de crise na que os clubes privados de fútbol moven millóns de euros procedentes de múltiples ámbitos (publicidade, representación de deportistas, dereitos televisivos, etc…)