marea de vigo pide responsabilidade ao goberno local á hora de usar os remantentes de tesourería entendendo que estes deben adicarse a paliar a situación económica actual derivada da covid19

30 de Outubro de 2020

Marea de Vigo pide responsabilidade ao Goberno local á hora de usar os remantentes de tesourería entendendo que estes deben adicarse a paliar a situación económica actual derivada da covid19

Rubén Pérez: “Os usos relacionados coa reactivación económica e sostenibilidade de sectores tan importantes na cidade como o comercio, hostelería e pequenos autónomos son absolutamente compatibles ademais de necesarios a día de hoxe”.

Vigo, 30-10-2020. Marea de Vigo afirma que “a suspensión das regras fiscais xa permite usar os remanentes”, tal e como indicou reiteradamente no pleno o seu voceiro Rubén Pérez.“É rotundamente falso que o remanente só se poida usar en actuacións chamadas humanizacións, que fiscalmente consideranse obra financeiramente sostible; cando o propio Ministerio de Facenda xa aclarou que os remanentes poderán ter usos máis amplos que os existentes ate agora”.

Que 33 dos 92 millóns de euros que hai na caixa acaben na súa totalidade na obra pública “nun momento no que a cobertura social e os investimentos en axudar ao tecido comercial e económico da cidade deben ser prioridade absoluta é pensar que dende marzo ate aquí non ten acontecido nada” apela o concelleiro. “Caballero vive nunha cidade que xa non existe, o Vigo amenazado pola crise da COVID-19 non ten ni terá prioridade de losetas, bancos ou delirantes cubricións de tranvías ornamentais con metacrilato”

Marea de Vigo apela ao Goberno local á responsabilidade e á cordura, considerando que “con 33 millóns de euros hai recursos para habilitar axudas ao comercio e hostalería da cidade, para habilitar campañas que promocionen o comercio local e garantir apoio económico e non palmadiñas nas costas aos miles de negocios ameazados na cidade por uns meses terríbles en canto a ventas e creación de emprego”.

Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo lembra que o propio Ministerio di na súa comunicación que:

“ El Gobierno suspende la aplicación de las reglas fiscales en 2020 y 2021. La medida, de carácter excepcional, va en línea con la cláusula general de salvaguarda activada por la Comisión Europea. Quedan sin efectos los objetivos de estabilidad y de deuda pública de 2020 y 2021 y tampoco se aplicará la regla de gasto para esos ejercicios . Se suspende la exigencia de que CCAA y EELL destinen su superávit a amortizar deuda y los objetivos de estabilidad ya no actuarán como límite a las inversiones financieramente sostenibles. La decisión del Gobierno permitirá que los ayuntamientos puedan recurrir a sus remanentes de tesorería para colaborar así en la reconstrucción económica y social Con esta medida se dotan de mayor margen a la Administración para combatir las consecuencias económicas de la pandemia, ofrecer apoyo a empresas y ciudadanos y sentar las bases de la recuperación”.

Para a Marea de Vigo, queda claro que o único que hai que vixiar son os compromisos de estabilidade financeira, polo que “os usos relacionados coa reactivación económica e sostenibilidade de sectores tan importantes na cidade como o comercio, hostelería e pequenos autónomos é absolutamente compatible ademais de necesarios a día de hoxe” conclúe Rubén Pérez.