marea de vigo pide sancións exemplarizantes ás navieiras que ofertan os servizos a cíes e pide “repensar o modelo turístico dun parque nacional que quere ser patrimonio da humanidade”

22 de Agosto de 2017

exodo-masivo-12

Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo considera que o concello erra en propoñer un modelo de “sol e praia” para as illas e que “se caballero quere converter un ecosistema único nun segundo samil” que vaia retirando a pretensión de converter as illas en patrimonio da humanidade

A demagoxia de Caballero pretendendo “meter miles de visitantes nas illas” roza o ridículo, “as navieiras estaban preavisadas e notificadas polo que a sanción agora si pode ser importante, non antes como todo proceso de sanción pública comporta”. estamos a falar de pasaxes falsificados “o que é delito”.

Marea de Vigo trasladará ao grupo parlamentar de En Marea unha iniciativa na que pide unha denuncia de consumo da Xunta contra estas prácticas abusivas e indemnizacións económicas aos afectados máis aló da devolución do billete

O voceiro municipal da MAREA DE VIGO Rubén Pérez, lembra que estamos falando dun Parque Nacional, sometido a restricións importantes en materia medio ambiental e que polo tanto teñen que ser “coñecidas polos visitantes fronte a idea xeneralizada que teñen de que “é unha Praia máis das que hai no noso litoral”.

O primeiro paso para traballar na obtención da distinción de Patrimonio da Humanidade debería ser este feito porque comporta a filosofía “de conservación para as xeracións futuras que vai implícita na declaración”. A saturación turística ilegal ten que pararse de raíz e inmediatamente buscar aos culpables, neste caso as navieiras, e as persoas damnificadas, que non son outros que as persoas as que se lle venderon billetes que estaban fóra do cupo.

Marea de Vigo pide que se actúe coherentemente coa Carta de Turismo Sostible que Bruselas concedeu á totalidade do Parque Nacional en decembro de 2015 que “compatibilicen o gozo público e a conservación da natureza” algo incompatible con “meter 4000 persoas nun día nun ecosistema insular tan delicado”

A actuación “corsaria e irresponsable” das empresas que ofertan servizos ás illas é a única culpable desta situación se ben esta situación podería ser emendada xa antes do inicio da tempada por parte da administración que ten competencias que non é outra que a a autonómica xa que “con mecanismos de control previos aos embarques; mesmo con inspectores de consumo nas billeteiras antes da adquisición dos visitantes dos billetes teríase evitado o agravio provocado aos centos de turistas afectados. Rubén Pérez considera que a “liberalización do servizo de transporte de ría que esixiu Europa e un profundo erro e que se non hai control integrado de todas as compañías que compiten en réxime, non esquezamos, de competencia entre elas o “caos está asegurado”.

Se a solución que Abel Caballero tiña para isto é “deixar desembarcar a todo o mundo” a pesar do aviso preventivo da Xunta de Galicia que é o que vai permitir as sancións; Marea de Vigo considera que o alcalde traballa “no sentido contrario” a converter as Illas Cíes en Patrimonio da Humanidade e pídelle que se deixe de “delirios electoralistas” e esixa á Xunta o rigoroso cumprimento da lei 15/2002 do 1 de xullo pola que se declarou o Parque Nacional Marítimo terrestre das Illas Atlánticas. Non hai ningún “dereito turístico” que este por enriba desta lei, sexa interés turístico privado (operadores, navieiras, hosteleiras…) ou particular.