marea de vigo pide solucións para compensar aos concellos pola perda dos recursos que proviñan do imposto de plusvalía.

29 de Outubro de 2021

Marea de Vigo pide solucións para compensar aos Concellos pola perda dos recursos que proviñan do imposto de Plusvalía.

Oriana Méndez: “As entidades locais non deben asumir en ningún caso as consecuencias dunha regulación estatal incorrecta e extemporánea; é necesario buscar sistemas compensatorios de xeito urxente para que os municipios dispoñan de capacidade económica e autonomía financeira para continuar ofrecendo os servizos que prestan na actualidade así como poder desenvolver as medidas de reconstrución social e económica trala pandemia”.

Vigo, 29-10-2021. Tras coñecer a decisión do Tribunal Constitucional declarando a nulidade de varios puntos da Lei Reguladora das Facendas Locais no tocante co imposto de Plusvalía, “feito que terá un importante impacto sobre as finanzas locais”, apunta Oriana Méndez, Marea de Vigo considera que “é preciso fomentar de xeito inmediato, desde os concellos, e desde os diversos grupos municipalistas no conxunto do estado, unha nova Lei de Financiamento das Entidades Locais, co obxectivo de que estas se convertan en gobernos con capacidade financeira para poder desenvolver con calidade as súas competencias e servizos” sinala a concelleira.

Oriana Méndez incide no papel “trascendental” que xogaron os municipios na contención socioeconómica dos efectos causados pola crise sanitaria del Covid-19, “levando a cabo un importante esforzo inversor, asumindo competencias impropias e facendo inxentes esforzos para ampliar o escudo social para protexer ás familias”engade.

Do mesmo xeito, ante o inicio da tramitación dos Orzamentos Xerais do Estado para 2022, o Grupo pide que se inclua nas contas públicas “un fondo específico de compensación polas pérdidas ocasionadas aos concellos” matiza Méndez.

Igualmente, Marea de Vigo demándalle a Abel Caballero, como Presidente da FEMP, ao igual que o teñen feito outros Grupos municipalistas da institución “que solicite urxentemente unha xuntanza extraordinaria da CNAL (Comisión Nacional de Administración Local) para analizar a sentenza do Tribunal Constitucional e solicitar ao Goberno do estado compensar de forma urxente aos entes locais pola perda de recadación que se derivará da aplicación da devandita sentenza” conclúe a concelleira.