marea de vigo pide un auténtico debate sobre a área metropolitanta e o seu funcionamento e non sobre a presidencia.

6 de Xullo de 2015

MAREA DE VIGO PIDE UN AUTÉNTICO DEBATE SOBRE A ÁREA METROPOLITANTA E O SEU FUNCIONAMENTO E NON SOBRE A PRESIDENCIA.

O voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, considera que a xuntanza de hoxe do alcalde de Vigo, Abel Caballero, co presidente da Xunta, Núñez Feijoo, ten que priorizar o funcionamento da área metropolitana e considera un debate secundario a presidencia.

Para a Marea de Vigo o debate de presidencias ou órganos xestores da área metropolitana non pode deixar nun plano secundario a realidade do feito de que estamos ante un instrumento que pode ser moi eficaz para rematar coa xestión da “antidiluviana” deputación na área metropolitana de Vigo e cos modelos de xestión privada con afán de lucro de transporte, auga, RSU, etc…
Marea de Vigo defende unha auténtica lei de área metropolitana, con financiación real e con xestión pública e directa dos servizos competentes como xestión de residuos, transporte, etc…
Vigo afronta uns anos decisivos para o seu futuro, a interdependencia co entorno metropolitano, as profundas mutacións que a crise capitalista pode facer no tecido industrial da cidade, pode significar que desaparezan moitos empregos e recursos económicos que obrigan ós poderes públicos a organizar os servizos para o seu abaratamento e sostenibilidade social.