marea de vigo pide unha reformulación do vial que vai atravesar bembrive, beade e castrelos entre a balsa e baruxáns proxectado no pxom polo seu elevado impacto ambiental.
Por Marea de Vigo

Marea de Vigo pide unha reformulación do vial que vai atravesar Bembrive, Beade e Castrelos entre A Balsa e Baruxáns proxectado no PXOM polo seu elevado impacto ambiental.
O Grupo mantivo unha xuntanza con veciñanza afectada e consultará a colectivos ecoloxistas da cidade, como Ecoloxistas en Acción, para propoñer unha alternativa que evite un vial que vai discorre na súa maioría en viaducto e tunel atravesando entornos naturais e afectando á conca do Lagares e o Río Eifonso.
Vigo, 10-12-2021. Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal, afirma que “existen alternativas, algunhas proxectadas no-propio PXOM do 2008”, que evitarían un vial que parta en dous espazos naturais e habitados coma o entorno do barrio de Saa do Monte en Beade, “onde inexplicablemente se deron recentemente licenzas de construción de vivendas a pesar de coñecerse a existencia do proxecto deste vial que se propón como a prologanción da actual PO-010 e que é un vial de titularidade autonómica” engade o voceiro.
O propio documento do PXOM, “onde este vial aparece como unha novidade – sinala Pérez – , prentende ser unha circunvalación media dende o enlace da Balsa na VH-20 ata o enlace de Baruxáns na A-55 e terá a maior parte do seu trazado en túnel, viaducto e estrada de 2 carrís en cada sentido”. Un trazado que discorre por zonas de afección das concas do Lagares e río Eifonso “sen que figure claro no documento do PXOM como se quere salvar ambientalmente estas dúas concas” apunta.
Marea de Vigo cualifica esta actuación coma “un novo cheque en branco á PSA” que formula unha nova infraestrutura co argumento da ampliación da PSA e recoñece un viaducto sobre o río Eifonso, e dous túneles á altura do Seixo e a Carapucha cun novo enlace na avenida Clara Campoamor de acceso ao Cunqueiro e unha conexión con Castrelos na PO-330. “Sería un erro proxectar un vial que mesmo no PXOM se fala de 18 anos de prazo de execución no segundo túnel (Camiño do Monte-Rúa Saa do Monte) ou no enlace coa A55” matiza o voceiro. “En 18 anos podemos asistir ao enésimo cambio productivo da PSA (actual Stellantis) que inutilice de novo unha infraestrutura feita a demanda da fábrica” incide. Marea de Vigo insiste na necesidad de “non cometer os mesmos erros que se cometeron co Polígono Tecnolóxico e Loxístico, onde en teoría se colocarían os grandes proveedores da PSA para logo ver como o cambio do sistema de producción na fábrica de Balaídos os levaba ao norte de Portugal e mesmo a latitudes máis lonxanas” lembra Rubén Pérez.
Marea de Vigo considera que, “de novo, como aconteceu coa Rolda de Vigo, o proxecto dun Plan Xeral de Ordenación Urbanística, improvisa e simplemente traza sobre un papel un proxecto de vial de fondo impacto ambiental, que afectará a ducias de familias e que se configura, tal e como recolle o PXOM como unha circunvalación intermedia de este a oeste que, prolongando a A-55 na súa funcionalidade metropolitana”. Pérez sinala que trátase de un error vinculalo a execución da nova A-55 “xa que será unha actuación a moitos anos vista pero condicionará que durante anos familias e entornos naturais queden baixo a espada de damocles dun vial”.
Marea de Vigo estuda con veciñanza e colectivos ecoloxistas como Ecoloxistas en Acción o deseño de alternativas de mobilidade que solventen dun xeito razoable e sostible o necesario aliviamento do tráfico na Avda. Antonio Palacios e o eixo Alcalde Portanet-Avda. Citroën (eixo primordial que explica esta actuación) e lembra que gran parte desa función foi o que sostivo no seu día a configuración do proxecto da VG-20.