marea de vigo pregunta pola licitación da obra de 8 millóns de euros para reformas nas pistas de atletismo de balaídos
Por Marea de Vigo

audio da nova:
O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, rexistrou hoxe un escrito solicitando aclaración sobre o estado de tramitación da reforma das pistas anunciadas por un valor de 8,7 millóns e que aínda nin foi aprobada en Xunta de Goberno local meses despois.
14/03/2023
Marea de Vigo rexistrou hoxe un escrito dirixido á Concellaría de Deportes solicitando información sobre o proxecto de remodelación das instalacións de atletismo de Balaídos, toda vez que foi anunciada polo alcalde cun importe de 8,7 millóns incluíndo novos ximnasios, vestiarios e módulo cuberto e aínda nin se presentou proxecto nin expediente en Xunta de Goberno Local.
A día de hoxe os problemas de inundacións, falla de taquillas, aglomeracións ou falla de espazos cubertos onde adestras seguen existindo e mesmo o grupo municipal socialista levou ao último pleno unha sorprendente moción no que falaba da construción dunha nova instalación (falan de estadio de atletismo) para a que solicitaban 15 millóns de euros á administración autonómica. “Non sabemos si se refiren a esa reforma de Balaídos ou están a falar de algo novo, feito que engade máis dúbidas aos e as deportistas que empregan as instalacións de si os 8,7 millóns de euros e o proxecto análogo comprometidos seguen adiante ou son o enésimo anuncio do alcalde sen concreción real” Sinala Rubén Pérez, voceiro do GM da Marea de Vigo
Marea de Vigo non entende como a consignación xa de estes recursos non se incluíu en ningunha das sucesivas modificacións orzamentarias aprobadas polo goberno local para empregar “inxentes cantidades de recursos procedentes do remanente liquido de tesourería que habilitou o goberno do estado” tal e como xa reclamara o noso grupo municipal en novembro do ano pasado” engade o voceiro do grupo municipal.
Rubén Pérez: “Non querer acometer a reforma urxente que requiren as instalacións, especialmente os vestiarios, e dicir que a responsabilidade é da Xunta é mentir aos vigueses e viguesas e sobre todo, faltarlle ao respecto as ducias de deportistas que empregan as instalacións a diario”. Marea de Vigo lémbralle ao Goberno local que as instalacións das pistas de atletismo de Balaídos son infraestruturas municipais en terreos municipais e o único responsable do seu mantemento e arranxo é Concello de Vigo.
Marea de Vigo insiste en que calquera modificación ou proxecto de renovación dun ben que sexa de titularidade municipal, “correspóndelle ao Concello levalo a cabo” afirma Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal. “Cousa diferente – engade Pérez – é se durante o desenvolvemento do proxecto este é quen de conseguir subvencións, sendo estes recursos a maiores, mais as pistas de atletismo de Balaídos son titularidade do Concello de Vigo, e os investimentos que se fixeron sempre foron actuacións financiadas polo mesmo”.