marea de vigo pregúntalle ao goberno de abel caballero como se vai “compatibilizar” o tobogán acuático anunciado onte co plan de rexeneración dunar en samil.

8 de Setembro de 2021

Marea de Vigo pregúntalle ao Goberno de Abel Caballero como se vai “compatibilizar” o tobogán acuático anunciado onte co Plan de rexeneración dunar en Samil.

 

Marea de Vigo cualifica o anuncio como “unha nova proposta delirante por parte do alcalde” e cuestiona o seu desenvolvemento ao atoparse en dominio marítimo-terrestre, baixo unha concesión de Costas, e ser incompatible co Plan de rexeneración dunar.

 

“A proposta choca frontalmente cun proxecto aprobado recentemente polo Ministerio de Transición Ecolóxica, no que se pretende a recuperación dos areais” sinala Rubén Pérez.

 

Vigo, 9-9-2021. Marea de Vigo pídelle ao Goberno de Abel Caballero que aclare como se vai pedir esa nova concesión á Dirección Xeral de Costas e como se vai conxugar o proxecto coa recuperación dunar de Samil, “anunciada tamén polo propio alcalde Abel Caballero” lembra Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal.

Marea de Vigo considera, tal e como ten manifestado anteriormente, que “paulatinamente deberíanse ir buscando novas ubicacións para calquera das infraestruturas, xa sexan públicas ou privadas, que actualmente se atopan nesta demarcación de costas – apunta o voceiro -, co obxectivo final de recuperar o sistema dunar ali existente” .

Dende Marea de Vigo “seguimos apostando polo proxecto de rexeneración dunar”, e posiblemente o trasladado públicamente no día de onte por parte do alcalde “soamente sexa un novo anuncio delirante, que xa veremos se se pode concluir” engade Rubén Pérez.