marea de vigo presenta moción urxente sobre a situación na casa da xuventude

30 de Agosto de 2017

Casa-da-Xuventude-1

A Moción da Marea de Vigo denuncia que a principios de agosto (a concesión remata mañá día 31) a empresa notificou as traballadoras a apertura dun expediente de regulación de emprego de extinción dos seis contratos ao ter constancia por escrito do concello de que “o servizo se extingue e non vai a prorrogarse nin vai ser aberto un novo concurso para realízalo”.

Marea de Vigo denuncia que, a pesar de que “as políticas para mozos e mozas sempre tiveron un oco importante nas programacións culturais e lúdicas, na prestación de servizos esenciais e mesmo nas partidas orzamentarias dos diferentes gobernos locais que pasaron pola nosa cidade” “curiosamente nestas lexislaturas recentes nas que gran parte deste patrimonio e traballo multidisciplinar en políticas de xuventude está a ser desmantelado de xeito inexplicable”

Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo lembra que “hai uns anos liquidouse o exitoso programa Súbete ao Castro, que xerou numerosas queixas de usuarios e que, pese ao anunciado polo concello, de ser substituído por outro programa análogo, non existiu nin existe programa parecido dentro da esclerótica programación xuvenil programada dende entón. Algunha dela foi pretendidamente derivada ao Auditorio Mar de Vigo pero resultou un rotundo fracaso e soamente tivo retorno positivo para algunhas empresas contratadas para tal fin.”

Marea de Vigo denuncia que “na casa da Xuventude actualmente seis traballadoras da empresa concesionaria que en 2013 gañou o concurso, realizan unha función imprescindible para o colectivo de mozos e mozas da nosa cidade: Punto de información xuvenil, xestión dos campamentos de verán, asesoramento laboral, tramite de becas, información de tempo libre e voluntariado, mesmo xestións administrativas de programas como o Camiño a Camiño que non é esencialmente un programa de mocidade.

As traballadoras siguen sen ter información precisa do Concello sobre que vai pasar con un servizo de máis de vinte anos de actividade e que entre setembro de 2016 e xullo de 2017 por exemplo atendeu a máis de 22.000 usuarios.

Marea de Vigo propón como solución a prórroga durante 1 ano do servizo mantendo plantilla actualmente existente e actuacións actualmente ofertadas e preparar un ambicioso Plan de dinamización xuvenil para o 2019 que mellore e amplíe os servizos e políticas orientadas á mocidade.

Ademáis considera necesario recuperar nas instalacións do Castro o programa SÚBETE AO CASTRO co seu espírito orixinario, recuperando tamén proxectos técnicos e programas que tiñan unha valoración importante por parte dos usuarios e usuarias