marea de vigo presenta propostas para as ordenanzas fiscais do 2023 baseadas na creación dun escudo social dende o concello ante a situación inflacionaria.

9 de Setembro de 2022

Marea de Vigo presenta propostas para as ordenanzas fiscais do 2023 baseadas na creación dun escudo social dende o Concello ante a situación inflacionaria.

Rubén Pérez: “Non é realista que para o vindeiro ano 2023 apenas queden modificados dous aspectos da Ordenanza Fiscal Xeral e a de usos privativos do solo. Deberían revisarse con carácter social todas as ordenanzas que actuan sobre o nivel adquisitivo dos vigueses e viguesas”.

Vigo, 09-09-2022. O voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, lembrou hoxe que dende a Marea de Vigo “se ten verbalizado continuamente a validez das ordenanzas e prezos públicos do Concello de Vigo como elemento central que estableza unha fiscalidade progresiva, xusta e uns prezos e taxas que estén na liña dos ingresos medios das familias viguesas”. A súa revisión, polo tanto, “debe ser acorde aos cambios de tendencias económicas e situacións que socialmente se crean na nosa cidade especialmente en momentos de crise económica, o sucedido coa crise sanitaria da Covid 19 e agora cos condicionantes inflacionarios provocados especialmente co conflicto aberto por Rusia en Ucraína” engadiu.

Marea de Vigo considera “absolutamente insuficiente” conxelar as taxas non aplicando o IPC “se non se acompaña dunha profunda revisión de todas as ordenanzas” apuntou Pérez. O Concello de Vigo, segundo o voceiro do Grupo, “non pode presentar para a revisión do corpus normativo e de prezos e taxas públicas exclusivamente unha modificación da ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POR APROVEITAMENTO ESPECIAL OU UTILIZACIÓN PRIVATIVA DO DOMINIO PUBLICO LOCAL devengada do feito de dar cumprimento ao contido da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 23 de xuño sobre tributación dos servizos de telefonía fixa e internet; así como unha modificación da da ORDENANZA FISCAL XERAL porque se fai necesario modificar o período de cobranza do padrón fiscal de EUI” incidiu segundo o texto presentado.

Marea de Vigo afirma que “de novo” non se atalla con profundidade a capacidade que os prezos e taxas públicas teñen como elemento modulador da economía das familias e das empresas e comercios do termo municipal. As ordenanzas, segundo o voceiro, “son un elemento modulador que permite, ante situacións económicas como a actual, poder artellar rebaixas substanciais nas ordenanzas que actúan de xeito máis importante nas economías familiares: IBI, Taxas por escolas infantís, Lixo, Subministro de Auga e Saneamento, etc”.

De non ter sido tomadas en conta, Marea de Vigo vén de solicitar a devolución dos dous expedientes de modificación de ordenanzas “para acometer unha verdadeira política fiscal adaptada aos retos que o 2023 coloca na xestión dos servizos públicos esenciais” concluíu.

? Documento de emendas  ?? emendas ordenanzas 2023