a marea de vigo presentou hoxe o escrito de personación como acusación popular na “operación patos” perante o xulgado de instrucción numero 7 de vigo.

2 de Outubro de 2015

A MAREA DE VIGO PRESENTOU HOXE O ESCRITO DE PERSONACIÓN COMO ACUSACIÓN POPULAR NA “OPERACIÓN PATOS” PERANTE O XULGADO DE INSTRUCCIÓN NUMERO 7 DE VIGO.

Ante a imposibilidade de, pola via democrática, coñecer o contido da investigación no tocante a documentación sobre contratos con empresas de servizos que no seu día a UDYCO incautou do Concello de Vigo e as bases das imputacións de cinco ediles desta corporación municipal, a Marea de Vigo acude os xulgados como acusación popular.

Marea de Vigo, tal e como anunciou no seu día en rolda de prensa, presentou hoxe no Xulgado o escrito de personación como acusación popular, asistida polo letrado Alberto Varela-Grandal Conde, ante a negativa do pleno do Concello do pasado 27 de xullo á apertura dunha comisión especial de investigación.

Marea de Vigo considera fundamental o coñecemento sobre que contratos, con que empresas, que importes económicos e mesmo que responsabilidades políticas poderían estar inmersas nos feitos que investigan os Xulgados vigueses.