marea de vigo propón aprobar a ordenanza tipo da femp para a implantación das zonas de baixas emisións

9 de Marzo de 2023

audio da nova:

Marea de Vigo lembra que a Xunta de Goberno da FEMP aprobou por unanimidade o pasado 2 de marzo unha ordenanza tipo que perfectamente pode ser a base para a aprobación da que aplique na nosa cidade.

09/03/2023

O voceiro do GM da Marea de Vigo Rubén Pérez valorou hoxe como “avance positivo” que a FEMP fixera pública unha proposta tipo de ordenanza para regular as obrigatorias Zonas de Baixas Emisións que cidades como a de Vigo terán que implementar durante este 2023 para estar operativas en 2024. Marea de Vigo lembra ademais que “esta data non é orientativa senón executiva” xa que este horizonte temporal figura como obrigatorio no decreto que regula o outorgamento de subvencións para implantalas ás que optou o Concello de Vigo.

Marea de Vigo considera perfectamente encaixable a proposta tipo de ordenanza que promove a FEMP, toda vez que hai que actualizala posteriormente cando menos cada tres anos e porque regula perfectamente o encaixe do Real Decreto 1052/2022, do 27 de decembro, polo que se regulan.

Rubén Pérez, sigue a denunciar que o Concello máis aló de pedir subvencións para implantalas, non se está a tomar en serio este asunto, nun contexto cada vez máis insostible de tráfico urbano no centro da cidade e pide que exista xa un proceso serio e participativo para a redacción dun proxecto de ZBE. “os datos de contaminación atmosférica, ruído e mesmo os tempos de desprazamento do autobús urbano obriga a desconxestionar o centro urbano e establecer alternativas de transporte público accesible”.

Marea de Vigo lembra que Ecoloxistas en Acción xa fixo un estudo serio e detallado do ruídona cidade, tendo parámetros en todos os puntos de medición por enriba dos 80 decibelios e concentracións de CO2 superando en case todo Vigo os 630pm, un 53% superior ao valor medio na atmosfera.

Marea de Vigo pide urxentemente a aprobación da metodoloxía participativa da redacción doproxecto de delimitación, “proxecto que deberá revisarse, polo menos, aos tres anos do seu establecemento e, posteriormente, polo menos, cada catro anos, co fin de garantir que se están alcanzando os obxectivos expostos no proxecto” tal e como esixe a norma. Crear un diálogo coas asociacións veciñais, organizacións e ecoloxistas e cidadanía nesta cuestión non é un tema menor, xa que as ZBE teñen un impacto na cidade importante ao formar parte dunha nova cultura de mobilidade que viu para quedarse nas grandes cidades europeas” sinala Rubén Pérez, voceiro do GM