marea de vigo propón regular mediante ordenanza a música en directo de pequeno formato que realizan moitos recintos hosteleiros na cidade
Por Marea de Vigo

audio da nova:
Rubén Pérez: “Marea de Vigo xa propuxera na anterior lexislatura regular a música en directo nos recintos hosteleiros que teñan suficiente aillamento e que non excedan os 90 decibelios como xa opera en diferentes cidades do estado e que non supón competencia polo formato coas salas de concertos que si poden empregar amplificación e cumpren a lexislación en materia de espectáculos.
“O que non pode acontecer e que nalgúns negocios hostelerios os concertos son programados semanalmente sen problemas e noutros sexa permanente a presencia da policia local para paralos sen que sexa por medición de ruido mediante. Ou todos poden ou non pode ningún porque a licencia hosteleira e os que permite facer con ela é exactamente a mesma”
Vigo, 28-10-2022.
Marea de Vigo considera que os concertos en pequeno formato, sen venta de entradas e simplemente como acompañamento da actividade hosteleira son novos formatos que veñen para quedarse en todas as cidades europeas e do estado español. Deben ser regulados por ordenanza municipal coa normativa que se axuste á realidade lexislativa actual en materia de espectáculos e ademáis ten que ser suficientemente garantista no tocante a lexislación de concertos e espectáculos xa que en verdade os concertos programados con venta de entrada, caché de grupo esixen cuestións máis complexas no marco regulatorio: contratos asinados, camerinos para artistas, etc… cousa que non existe e sería imposible implementar nos de formato pequeno que actualmente desenvolven ducias de locais en Vigo. “O que non pode pretender a hostelería e convertirse en salas de concertos polo que teñen que entender que o modelo de concerto tería que ser acotado a ausencia de amplificación ou moi mínima e sen venta de entradas ou semellante”.
Marea de Vigo considera que é perfectamente compatible a existencia da Lei de Espectáculos de Galicia (coa súa entrada en vigor significou en 2019 que varios locais da cidade cancelaran a súa programación de música en directo ao ser apercibidos pola policía local) coa creación de unha Ordenanza Municipal que regule o concerto de pequeno formato. Estos concertos é certo que non poden superar os 90 decibelios pero sería posible facelos considerando, tal e como pediu reiteradamente Marea de Vigo entón, a organización de concertos como ‘segunda actividade’ nos locais, axilizando ademáis a actualización das licenzas, ou mesmo introducir a participación municipal nas programacións de concertos, etc.. fixera no seu día o Concello de Santiago de Compostela.