marea de vigo solicita a convocatoria do consello social da cidade

10 de Xaneiro de 2023

audio da nova:

Marea de Vigo considera que os datos de poboación que arroxa o INE, que sitúan a Vigo apenas nos 292.000 habitantes, xunto coa imposibilidade xa real de acceso á vivenda de moitas familias e os ERTES e ERES en automoción obrigan xa a “unha reflexión e traballo conxunto de administracións e sectores sociais da cidade”

04/01/2023

O voceiro do GM de Marea de Vigo, Rubén Pérez, sanalizou hoxe as variables socioeconómicas que se van coñecendo a principios deste ano 2023 que principalmente debuxan unha cidade que se ralentiza, que perde poboación e na que se abre un escenario de incertidume en canto a niveis de pobreza e exclusión social, emprego en sectores palanca como o da automoción e especialmente nos aspectos relacionados co acceso á vivenda, problema endémico xa na cidade que o grupo municipal da Marea de Vigo leva anos denunciando e esixindo políticas activas, tamén dende as competencias municipais “que existen e son asumidas por centos de concellos ao longo do estado español” sinala Rubén Pérez.

Marea de Vigo considera que o principal motivo da perda de poboación censada ou mesmo de que nova poboación que traballa na cidade escolla esta como lugar de residencia sigue estando nos factores prohibitivos que rodean o acceso á vivenda, xa que á inexistencia de parque público de vivenda ou de promocións de VPO actualmente dispoñibles e habitables, súmase a desaparición de vivenda en réxime de alugueiro convencional que está sendo masivamente desplazado polo apartamento vacacional como mostra de que cada vez máis o tamaño das vivendas en alugueiro redúcese ao quedar as de máis metros e habitacións no formato de vivenda turística, factor endémico nas cidades que viven este boom.

Rubén Pérez considera que a folla de ruta que a cidade precisa pode ser perfectamento os contidos da Axenda 2030 “xa que neles se inclúe tamén un aspecto demandado en ocasións por Marea de Vigo e diversos colectivos sociais, como é o da creación dun parque de vivenda protexida de ámbito local e establecer criterios para a correcta combinación dos réximes de propiedade e alugueiro, coherente coas necesidades do municipio”, así como estimular unha oferta de vivenda con tipoloxías diversificadas adaptadas ás novas formas familiares emerxentes (monoparentais, etc.), facilitar o acceso a vivenda a persoas migrantes ou de paso, e, “especialmente importante para Vigo, impulsar a mobilización da vivenda baleira cara ao alugueiro ou outros usos” engade o voceiro.

Do mesmo xeito o emprego na factoría de Stellantis e como afecta este ao resto da industria auxiliar ten que ser parte de un debate de modelo económico da cidade, da necesidade de diversificación sectorial, do papel que xogan Xunta e Zona Franca na capacidade de captar emprego, industria e fixación de proxectos empresariais na cidade, factores que deben ser os que estén presentes no debate de cidade que configura un órgano como o Consello Social da Cidade que apenas é convocado para a validación do Orzamento do Concello cada ano e cando de xeito oportunista Abel Caballero quere “minutos de gloria” como o convocado para pedir o Ave por Cerdedo e nunca máis convocado para facer unha evaluación seria e rigurosa de como vai esta cuestión a efecto de tramitación nos PXE.