marea de vigo tacha a actitude do goberno municipal como antidemocrática con respecto o acceso á información e documentación por parte da oposición.

20 de Outubro de 2015

MAREA DE VIGO TACHA A ACTITUDE DO GOBERNO MUNICIPAL COMO ANTIDEMOCRÁTICA CON RESPECTO O ACCESO Á INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN POR PARTE DA OPOSICIÓN.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo, ven de rexistrar hoxe outra solicitude de acceso ós expedientes de contratación pública despois de obter silencio administrativo en tódalas peticións feitas ó respecto.

Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, en vista do silencio que se está obtendo por parte do
Goberno Local con respecto ó acceso os expedientes de contratación, considera que “estase a incumprir a lexislación vixente en canto a dereito de información e transparencia no Concello de Vigo, nun sistema de goberno e administración baseado no principio de democracia e representación”

Marea de Vigo lembra nas súas peticións que, segundo recoñece o texto constitucional, a Lei de Transparencia, así como na lei Reguladora das Bases do Réxime Local, onde especifica, no seu artigo 77 “Todos los miembros de las Corporaciones locales tienen derecho a obtener del Alcalde o Presidente o de la Comisión de Gobierno cuantos antecedentes, datos o informaciones obren en poder de los servicios de la Corporación y resulten precisos para el desarrollo de su función.La solicitud de ejercicio del derecho recogido en el párrafo anterior habrá de ser resuelta motivadamente en los cinco días naturales siguientes a aquél en que se hubiese presentado” e non descarta recorrer a outros estamentos si esta situación non cambia nun breve espazo de tempo.

Con data 15 de xullo, solicitáronse por primeira vez a as copias dos expedientes de concesións públicas coa empresa Clece SA (da que ó grupo municipal só lle consta que a solicitude está nun arquivador do despacho do concelleiro correspondente), solicitude que reitérase con data do 5 de outubro, sen resposta, do mesmo xeito que a solicitude da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo departamento de Parques e Xardíns, departamento que nos últimos meses semella estar no epicentro de irregularidades e asuntos xudiciais.
A solicitude rexistrada hoxe é sobre o acceso informático ós expedientes, dentro dos parámetros que lle corresponden como grupo municipal, e se teme que esta solicitude vaia a parar o mesmo sitio que as anteriores.

Marea de Vigo non entende como acontecen estes feitos nun concello que se auto denomina como transparente e anima a veciñanza a facer valer os seus dereitos de acceso á información sobre a xestión das e dos representantes escollidos pola mesma.