marea de vigo ve absolutamente necesario que os concellos xestionen o 15% dos fondos europeos de xeito directo priorizando a cobertura social e o emprego.

12 de Maio de 2021

Marea de Vigo ve absolutamente necesario que os concellos xestionen o 15% dos fondos europeos de xeito directo priorizando a cobertura social e o emprego.

Rubén Pérez afirma que a xestión dos fondos europeos por parte da Xunta “xa nace privatizada e sen utilidade social” e considera que “os concellos aínda teñen marxe para emendar a torpeza administrativa autonómica”.

Vigo, 12-05-2021. Marea de Vigo concorda coas conclusións da Xunta de Goberno da FEMP nas que se pide que os Concellos xestionen de xeito directo o 15% dos fondos europeos e que análogamente as CCAA o fagan con outro porcentaxe semellante, mais incide en que, a nivel municipal, “estes non poden ser un sucedáneo financeiro para obra pública corrente como se nas nosas cidades non tivese acontecido nada neste último ano e medio de pandemia”. “Completar catálogo de cobertura social, vivenda protexida, dotacións públicas esenciais e plans de emprego – prosigue Rubén Pérez – son para Marea de Vigo a prioridade que debe abordarse dende a institución municipal”.

Marea de Vigo entende tamén que a suspensión das reglas fiscais, especialmente do teito de gasto, debe seguir operando máis aló do 2021, posto que, segundo expresa Rubén Pérez, “permitiría usar sen limitacións os fondos europeos e dispoñer de superávit de xeito expansivo, nun momento en que a acción pública vai ser determinante para contrarrestar situacións socioeconómicas difíciles”. Como exemplo, Rubén Pérez sinala as previsións de alza continuada das tarifas eléctricas para os vindeiros 12 meses, xa que “poden cronificar escenarios de pobreza enerxética e obrigar a reforzar as axudas directas de emerxencia social nas entidades locais”.

Marea de Vigo igualmente esixe que os acordos pechados e comprometidos coas entidades locais, como o fondo de 3000 millóns de euros, sexan trasferidos de xeito inmediato aos concellos, “porque os gastos de loita contra a pandemia incrementáronse notablemente e mesmo actuacións importantes en materia de reconstrución social e económica se fixeron coa idea de ser financiados a futuro con estes fondos sen que, a día de hoxe, o Ministerio de facenda Informe de cando se van a transferir” apunta o voceiro do grupo. Pérez engade que “incluso concellos como o de Vigo xa están transferindo recursos por indemnización a empresas que xestionan servizos públicos en concepto da paralización de servizo durante o confinamento e a desescalada” polo que “a transferencia de ese fondo por parte do Ministerio faise imprescindible” conclúe.