o concelleiro xose lois jácome, da marea de vigo, valora positivamente a programación gastronómica e de actuacións de rua pero considera escaso o apoio o tecido cultural de vigo no programa de festas 2015.

31 de Xullo de 2015

O CONCELLEIRO XOSE LOIS JÁCOME, DA MAREA DE VIGO, VALORA POSITIVAMENTE A PROGRAMACIÓN GASTRONÓMICA E DE ACTUACIÓNS DE RUA PERO CONSIDERA ESCASO O APOIO O TECIDO CULTURAL DE VIGO NO PROGRAMA DE FESTAS 2015.

No último informe do observatorio de cultura que elabora a fundación Contemporánea, que fai todos os semestres valoracións sobre os concellos e a sua implicación cultural, Vigo desaparece da lista, na que xa ocupaba o posto 20.
Xose Lois considera que isto se debe a unha política errada do Concello onde prima artistas que máis aló do criterio subxectivo baseado nos gustos persoais, non forman parte do tecido cultural propio.
A maiores, no programa de festas, inclúense concertos cun prezo próximo os 30 euros, cando xa se asina un convenio coa productora correspondente, que lle garante os beneficios ó marxe do volumen de entradas. O que nos xenera dúbidas sobre se este tipo de convenios deberían incluírse no programa de festas do Concello.

Sobre as festas gastronómicas e as actuacións de rúa, en liñas xerais concordamos coa programación, pero creemos que sectores culturais como o teatro local, estan absolutamente esquecidos polo Concello, primando espectáculo sobre cultura, cando os dous conceptos son compatibles.