o grupo municipal da marea de vigo calificou de antidemocrático o pleno extraordinario do dia de onte onde se trataron 12 puntos en menos de 30 minutos. marea de vigo denuncia tamén os recortes encubertos na sanidade pública co exemplo do novo hospital.

30 de Xuño de 2015

O GRUPO MUNICIPAL DA MAREA DE VIGO CALIFICOU DE ANTIDEMOCRÁTICO O PLENO EXTRAORDINARIO DO DIA DE ONTE ONDE SE TRATARON 12 PUNTOS EN MENOS DE 30 MINUTOS.
MAREA DE VIGO DENUNCIA TAMÉN OS RECORTES ENCUBERTOS NA SANIDADE PÚBLICA CO EXEMPLO DO NOVO HOSPITAL.

Rubén Pérez considerou o feito de comprimir 12 puntos nun só como unha actitude profundamente antidemocrática o non dar pé o debate de cada un dos puntos, explicados hoxe en rolda de prensa ante a imposibilidade de facelo no foro que corresponde, o pleno do concello de Vigo.

Con respecto as sesións plenarias, a Marea de Vigo propón que se realicen no auditorio municipal, por unha cuestión de espazo para o público, que en moitas ocasións non puido entrar no salón de plenos por ser éste un espacio bastante reducido, e consideramos que para garantir transparencia hai que abrir o concello a veciñanza, supoñendo isto un pequeño atisbo de transparencia neste Concello.

Rubén Pérez suliñou como especialmente grave o descarte da representación da Marea de Vigo da comisión paritaria do convenio colectivo e a comisión de formación, feito que amosa arbitrariedade a hora de escoller o criterio a utilizar, co obxectivo de botar a Marea fóra dos espazos nos que non lle interese que esté presente.

Do mesmo xeito que para as asignacións económicas ós grupos municipais, onde, decídese reducir a cantidade fixa para os grupos en máis do 200%, incrementando tamén en máis do doble a cantidade variable por concelleiras/os, co cal, non hai reducción total, somentes nos grupos da oposición.

Por outra banda, Marga L. Barreiro fixo unha análise da situación do novo hospital de Vigo, comezando pola problemática existente no transporte, cun autobus cada media hora, e no aparcadoiro, que resultou ser privado, e onde o persoal que quera utilizalo deberá pagar máis de 40 euros ó mes.

Marga destacou a intencionalidade de facer negocio coa sanidade por parte da xunta de Galicia, cando xustifican este novo hospital como solución os problemas sanitarios da área de Vigo, contando somentes con 20 camas más das que xa contabamos; e na sua totalidade, con menos recursos dos que se tiñan ata o de agora nos hospitais públicos existentes na área.
En canto os postos de traballo, suliñou que xa dende que non está en vigor a “Lei Xeral de Sanidade” que obrigaba á convocatoria de ofertas pública de emprego cada dous anos, cada vez o traballo no sergas é máis inestable e precario, e todos os dereitos que tanto traballo lle custou conseguir á xente que leva traballando 20 ou 30 anos, agora nun par de anos vólvennos cara atrás ata chegar a condicións que estaban superadas xa hai moito tempo.

Marga L. Barreiro fixo tamén unha petición ó alcalde de Vigo, para que faga un chamamento a cidadania viguesa a manifestarse polos agravios que leva consigo a apertura de este hospital, do mesmo xeito que rápidamente o fixo co asunto da fusión das caixas de aforro.