o grupo municipal da marea de vigo rexistra uo grupo municipal da marea de vigo rexistra unha moción promovida pola plataforma sos sanidade pública pedindo a creación dun consello municipal da saúde

30 de Xuño de 2016

13346974_583249685188827_2991235208552749939_n

O GRUPO MUNICIPAL DA MAREA DE VIGO REXISTRA UNHA MOCIÓN PROMOVIDA POLA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA PEDINDO A CREACIÓN DUN CONSELLO MUNICIPAL DA SAÚDE

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo ven de propoñer a presentación dunha moción que, do mesmo xeito que acontece con Muller, Educación ou Normalización Lingüística, promova a creación dun Consello Municipal da Saúde, co obxectivo de que, tanto as organizacións de profesionais representativas da poboación como as organizacións de traballadoras e traballadores sanitarios poidan ser partícipes das accións e tomas de decisións que se leven a cabo a nivel municipal con respecto a saúde da poboación.

A Plataforma presentou o texto da moción proposta aos Grupos Municipais do Concello de Vigo e o Grupo Municipal da Marea de Vigo, a través da concelleira Marga L. Barreiro, asumiu o compromiso de presentala e defendela no vindeiro pleno que terá lugar o 4 de xullo.

Marga L. Barreiro, considera que, “ao marxe das competencias autonómicas en materia de saúde, existen moitos elementos de especial relevancia sobre a saúde das persoas que dependen unicamente das institucións municipais, como todo o que ten que ver coa xestión e calidade dun ben como a auga, a xestión de residuos ou mesmo sobre a alimentación nas escolas ou o deporte”