o grupo municipal da marea de vigo solicita se abran negociacións co rccelta ao respecto do financiamento da iluminación do estadio

30 de Agosto de 2016

O GRUPO MUNICIPAL DA MAREA DE VIGO SOLICITA SE ABRAN NEGOCIACIÓNS CO RCCELTA AO RESPECTO DO FINANCIAMENTO DA ILUMINACIÓN DO ESTADIO

Dende o momento en que empezaron as previsións de investimento para a remodelación do estadio de Balaidos, a Marea de Vigo xa expresou que a participación da sociedade anónima deportiva era insuficiente tendo unha participación case simbólica nun investimento de 30 millóns de euros, cando a sociedade pechara o exercicio anterior cuns beneficios de 15 millóns e na presentación das previsións para este ano 2016 plantexan beneficios de 3.5 millóns.

As sorpresas sen embargo, non cesan, e agora, segundo Xose Lois Jácome, concelleiro do GM da Marea de Vigo, “atopámonos que dadas as esixencias de iluminación para as retransmisións deportivas agora é necesario un investimento extra de dous millóns de euros, a consecuencia da desaparición da cuberta de tribuna, tamén desapareceron os focos alí ubicados, o que tamén demostra a improvisación continua e a golpe de titular que guía ao Goberno Municipal”

Tendo en conta que a iluminación do estadio, é esixencia da UEFA para as retransmisións deportivas e que os dereitos televisivos, proporcionarán ao club durante esta tempada máis de 53 millóns de euros. Por tanto, o Grupo Municipal da Marea de Vigo, solicita xa que se deixe de facer puro electoralismo dende o Concello asumindo un sobrecusto de 2 millóns nunha instalación que para máis delito é temporal.

O Grupo Municipal, tamén considera, que, dentro do necesario marco de colaboración co Club, é urxente repensar os investimentos públicos sen fin que estanse a dar nunha empresa privada que obtén beneficios ano tras ano.