xose lois jácome será deputado provincial pola marea de vigo (coalición son)

8 de Xullo de 2015

Os 7 concelleiros e concelleiras da coalición SON do partido xudicial de Vigo (2 de Esquerda Unida-SON de Baiona, 2 de Nigrán Decíde e 3 de Marea de Vigo) acordaron hoxe que o Concelleiro electo da Marea de Vigo Xose Lois Jácome sexa o deputado provincial que represente á coalición no organismo provincial.

Xose Lois Jácome  foi candidato nº 3 da lista de Marea de Vigo e actualmente é voceiro nas áreas de XESTIÓN MUNICIPAL, PERSOAL, PATRIMONIO E ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA; ÁREA DE SEGURIDADE E MOBILIDADE; ÁREA DE EMPREGO, ECONOMÍA, INDUSTRIA, VOLUNTARIADO E RELACIÓN COS SINDICATOS; ÁREA DE FESTAS E TURISMO e ÁREA DE EDUCACIÓN.