consulta aquí os orzamentos para 2017 do concello de vigo

24 de Novembro de 2016

O pasado 21 de novembro o pleno do concello de Vigo aprobou inicialmente o proxecto de orzamento para 2017. Un proxecto ao que a Marea de Vigo presentou unha emenda á totalidade entre outras cousas porque este orzamento foi feito sen abrir nun unha soa canle particitativa cos axentes sociais, co tecido asociativo e veciñal, que poderían ter presentando propostas ben diferentes en canto a prioridades recollidas neste proxecto de orzamento.

A emenda foi rexeitada e, aprobada a proposta de orzamento no pleno cos votos do grupo municipal socialista, abrirase un periodo de exposición pública ate o 16 de decembro. Calqueira entidade, colectivo, ou cidadá a título individual pode presentar alegacións ao proxecto orzamentario, polo que dende o Grupo Municipal da Marea de Vigo ofrecemos os documentos base do orzamento para facilitar o voso traballo.

Como cidadá podes realizar alegacións en base ao que individualmente consideres. SO TES QUE TER EN CONTA ISTO:

  1. AS EMENDAS TEÑEN QUE FACERSE NUNHA MESMA PARTIDA. Non podes por exemplo pedir que se diminúa o importe dun concepto en LIMPEZA VIARIA (partida 1630) e pedir que se amplíe en FOMENTO E PROMOCIÓN DE EMPREGO (partida 2410).
  2. AS PODES PRESENTAR MEDIANTE O FORMULARIO XERAL DO REXISTRO DO CONCELLO. Ten que ser unha persoa física ou se representas a un colectivo acreditar a representación para que non rexeiten a emenda en base a esa falla.
  3. AS EMENDAS TEÑEN QUE FACERSE MANTENDO O EQUILIBRO ORZAMENTARIO. É dicir se pode aumentar unha partida pero diminuíndo ese mesmo importe noutra. Se queres crear unha nova partida ten que minorar a mesma cantidade noutra ou eliminar unha partida existente polo mesmo importe
  4. AO INICIO DAS PARTIDAS FIGURAN IMPORTES DE CUSTES DE PERSOAL E SEMELLANTES que non deben emendarse porque son acordos de categorías laborais, complementos pactados polo cadro de persoal municipal e que polo tanto son moitas veces dereitos adquiridos mediante negociación colectiva
  5. PODES CONSULTAR OS ORZAMENTOS na nosa web: Grupo Municipal Marea de Vigo  ou en papel no propio concello (INTERVENCIÓN XERAL na planta 0)
  6. No correo ofi.marea@vigo.org podemos axudarte a facer emendas ou consultas

A MODO DE EXEMPLO:

No orzamento de 2015 unha asociación propuxo a un grupo municipal o seguinte:

  • DA PARTIDA DE APLICACIÓN: 23104800000 (AXUDA AS FAMILIAS 452.000)
  • DIMINUIR: 25.000 EUROS
  • CREAR NOVA PARTIDA (2310480011 BONO TAXI DISCAPACITADOS)

Esta sería unha emenda de CREACIÓN DE NOVA PARTIDA xa que esta non existía na proposta orzamentaria aprobada inicialmente polo pleno do Concello

DATOS XERAIS DO ORZAMENTO 2017 (PREME NO ICONO PARA ACCEDER AO ARQUIVO)

icono-orz

LIÑAS XERAIS

 

icono-orz

INGRESOS

 

icono-orz

GASTOS