covid-19. resumo de medidas adoptadas polo concello de vigo

22 de Marzo de 2020

Para a vosa información tedes aquí os links das resolucións do goberno local ante esta crise do COVID-19. Tamén abaixo tedes o resumo dos acordos tomados.

Data da version: 12/04/2020

 

1º PAQUETE

  • Primeiro.- Acordar a suspensión de todos os actos públicos organizados polo Concello e actividades e programas municipais dirixidos ao público en xeral, que non teñan carácter asistencial básico, aos que se lles dará publicidade na web municipal.
  • Segundo.- Acordar o peche ao público de todas as instalacións municipais. Relaciónanse en Anexo á presente resolución, sen carácter exhaustivo, as principais instalacións afectadas, sen prexuízo da actualización de dito listado na web municipal.
  • Terceiro.- Analizar as posibilidades de suspender ou ampliar os prazos de tramitación administrativa nos termos legalmente establecidos.
  • Cuarto.- Posibilitar sistemas de traballo non presenciais naqueles supostos xustificados polas características e natureza dos postos, así como en base ás situacións de conciliación persoal ou familiar que o aconsellen; o acollemento ao réxime de flexibilidade horaria, e de ser o caso, as reorganizacións do traballo que resulten precisas. Estas medidas adoptaranse pola Concellería Dda. de Organización municipal, a proposta de cada área de goberno.
  • Quinto.- Habilitar os mecanismos excepcionais necesarios previstos legalmente para dotar ao Concello dos recursos adicionais precisos para facer frente ás necesidades derivadas desta situación.
  • Sexto.- Instar dos contratistas municipais a adopción das medidas precisas para mitigar o risco de contaxio do coronavirus Covid19.

1º PAQUETE ADICIONAIS

  • Primeiro.- Acordar a suspensión de todos os actos públicos organizados polo Concello e actividades e programas municipais dirixidos ao público en xeral nos Xacementos Arqueolóxicos de O Castro e Toralla, dando publicidade na web municipal.
  • Segundo.- Acordar o peche ao público de todas as áreas de xogo infantil e parques biosaudables, zonas de ocio, tempo libre e deportivas.
  • Terceiro.- Acordar a suspensión temporal dos mercadillos de Bouzas e Coia polo tempo de duración destas medidas.
  • Cuarto.- Acordar o aprazamento das festas e actos conmemorativos da Reconquista.
  • Quinto.- Acordar o peche das instalacións de AQA Vigo Florida, AQA Vigo Barreiro e MQA Navia, na súa condición de complexos de titularidade municipal.
  • Sexto.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.

2º PAQUETE

  • Primeiro.- Decretar, dende do 17 de marzo e ata o 29 de marzo, o peche total da atención presencial das oficinas de servizos administrativos agás aquelas que, polo servizo que prestan, poidan manter atención en servizos mínimos mediante cita previa. Manterase a atención telemática e telefónico no conxunta da administración, publicándose o directorio na web municipal con dito teléfono.
  • Segundo.- Establecer, en consecuencia, o sistema atención presencial na Casa do Concello con cita previa limitado para as seguintes oficinas:
  • Oficina de Asistencia en materia de Rexistros
  • Estadística para labores de altas, modificacións ou renovacións padronais e expedición de volante de empadroamento.
  • Recadación voluntaria e executiva
  • Benestar Social
  • Servizo de Cemiterios

A obtención de cita previa estará dispoñible telefónicamente e no seguinte enlace: https://sede.vigo.org/expedientes/formularios/sol_cita_previa.jsp?lang=es

  • Terceiro.- Lembrar a posibilidade de tramitación telemática da totalidade dos procedimentos municipais a través da sede electrónica (https://sede.vigo.org/expedientes/sede/). Naqueles casos nos que a cidadanía non dispoña de sistema de identificación e sinatura electrónica, poderán obter a carpeta cidadá no Concello (oficina de asistencia en materia de rexistro) mediante a solicitude de cita previa.
  • Cuarto.- A presente resolución terá efectos a partires do 17 de marzo e ata o 29 de marzo, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias.
  • Quinto.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á ciudadanía

3º PAQUETE

  • Primeiro.- Limitar, segundo as decisións adoptadas polo Consello da Xunta de Galicia, a entrada aos cemeterios municipais a un máximo de 25 persoas.
  • Segundo.- Acordar o peche da totalidade das fontes públicas sitas no termo municipal.
  • Terceiro.- Suspender as rotacións de 10 días no albergue municipal, e recomendar a adopción de dita medida aos demáis albergues sitos no termo municipal.
  • Cuarto.- Recomendar á cidadanía en xeral gardar os espacios de seguridade entre persoas fixados polas autoridades sanitarias, en particular, no uso de bancos, marquesinas, paradas de autobús e similares.
  • Quinto.- Continuar o peche das instalacións e actividades ao abeiro do establecido no Acordo do Consello da Xunta de Galicia de data 13 de marzo de 2020, en sustitución do disposto no apartado quinto da Resolución desta Alcaldía de data 13 de marzo de 2020, relativa á ampliación do primeiro paquete de medidas polo COVID-19.
  • Sexto.- A presente resolución terá efectos a partires da data de sinatura da presente e ata o 29 de marzo, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración do estado de alarma.
  • Séptimo.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.

 

4º PAQUETE

  • Primeiro.- Modificar a Resolución desta Alcaldía de data 13 de marzo de adopción do segundo paquete de medidas polo COVID-19, no seu apartado segundo, relativo ao establecemento do sistema de atención presencial na Casa do Concello con cita previa limitado a unha serie de oficinas, reducindo a dita posibilidade ao único e exclusivamente imprescindible, e tan só en casos de urxencias inaplazables así valoradas en atención previa telefónica, nas seguintes oficinas:
  • Oficina de Asistencia en materia de Rexistros
  • Benestar Social
  • Servizo de Cemeterios

A obtención de cita previa estará dispoñible telefónicamente no directorio municipal e no teléfono 010.

  • Segundo.- De conformidade co disposto no Real Decreto 463/2020 se suspenden os términos e se interrompen os prazos para a tramitación dos procedementos administrativos municipais. O cómputo dos prazos se reanudará no momento no que perda vixencia o citado Real Decreto o, no seu caso, as prórrogas do mesmo.
  • Terceiro.- Acordar o peche do Parque Municipal de Castrelos, da Fortaleza do Parque do Castro, dos arenais, do Paseo Marítimo de Samil, e análogos espazos abertos ao público.
  • Cuarto.- Recomendar a cidadanía que queira colaborar que se dirixa ao Servizo Municipal de Voluntariado para o desenvolvemento da dita colaboración de xeito coordinado, estruturado e nas condicións axeitadas de seguridade e sanidade.
  • Quinto.- Manter o réxime de presencialidade para as persoas titulares das Concellerías que teñan delegadas responsabilidades de goberno, conforme a estrutura establecida na Resolución desta Alcaldía de data 18 de xuño de 2019.
  • Sexto.- A presente resolución terá efectos a partires do 17 de marzo e ata o 29 de marzo, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración do estado de alarma.
  • Sétimo.- Continuar o peche das instalacións e actividades acordados por resolucións previas desta Alcaldía, ao abeiro do establecido no Acordo do Consello da Xunta de Galicia de data 13 de marzo de 2020 e do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19.
  • Oitavo.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.

5º PAQUETE

  • Primeiro.- Ordear o peche xeneralizado dos cemiterios municipais a visitas, coa única salvedade de celebración de enterramentos, coa limitación de aforo máximo a 25 persoas.
  • Segundo.- Ordear o peche do paseo de Lagares, o paseo de Bouzas e outros espazos análogos.
  • Terceiro.- Instar á empresa de transporte público municipal ao cumplimiento do establecido no Real Decreto 463/2020, en particular, no referente ao aforo dos vehículos de transporte.
  • Cuarto.- Instar á area de goberno de Participación Cidadá a través do 010 á formación dun rexistro de ofertas voluntarias que se están a recibir de bens e suministros de necesidade de medios precisos para o mantemento das medidas sanitarias prescritas polas autoridades sanitarias
  • Quinto.- Instar a área de goberno de Seguridade a implantación, coordinación e activación daqueles plans, protocolos e medidas que considere necesarios na actual situación de crise sanitaria e da derivada do estado de alarma.
  • Sexto.- Dar conta do acordo informal dos voceiros dos grupos políticos municipais para o aprazamento da celebración do Pleno ordinario correspondente ao mes marzo.
  • Sétimo.- Revisar a periodicidade do réxime des sesións ordinarias do Consello da Xerencia Municipal.
  • Oitavo.- Dar conta da comunicación do Ministerio de Defensa do envío do exército de terra ao Concello de Vigo para labores relacionadas coa declaración do estado de alarma.
  • Noveno.- Dar conta da total cobertura das necesidades de aloxamento e realoxamento das persoas sin fogar.
  • Décimo.- A presente resolución terá efectos a partires da súa data de marzo e ata o 29 de marzo, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración do estado de alarma.
  • Undécimo.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.

6º PAQUETE

  • Primeiro.- Instar á área de goberno de Benestar Social a conceder a aquelas familias con nenos e nenas con renda per cápita familiar inferior a 300€, unha axuda de emerxencia para afrontar as necesidades de alimentos dos menores dada a delicada situación socioeconómica.
  • Segundo.- Instar á área de goberno de Benestar Social a posta en marcha dun programa de acompañamento telefónico ás persoas da terceira edade para evitar os efectos do aillamento.
  • Terceiro.- Instar á área de goberno de Seguridade á activación do PEMU, coa finalidade de operar como mecanismo de coordinación para o cumprimento polos servizos de intervención municipais das obrigacións impostas polo estado de alerta.
  • Cuarto.- Habilitar prazas de estacionamento preferente para os servizos sanitarios que presten atención domiciliaria como consecuencia da crise xerada polo COVID-19.
  • Quinto.- Expedir os documentos identificativos de acreditación para o persoal municipal que non poida desempeñar as súas funcións mediante traballo no presencial.
  • Sexto.- Dar conta da constitución da Xunta Local de Seguridade.
  • Sétimo.- A presente resolución terá efectos a partires da súa data e ata o 29 de marzo, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración do estado de alarma.
  • Oitavo.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.

7º PAQUETE

  • Primeiro.- Instar á área de goberno de Seguridade a que comunique a imposibilidade da execución do contrato de concesión de servizo público de estacionamento regulado e controlado na vía pública mediante parquímetros (expediente 90514-210), á empresa prestadora do servizo, aos efectos do establecido no Real Decreto-Lei 8/2020, artigo 34.4o.
  • Segundo.- Instar á Concellería Delegada de Seguridade a adopción dun protocolo de medidas de prevención de riscos para cementerios no caso de enterros de persoas difuntas por Coronavirus COVID-19.
  • Terceiro.- Instar á Concellería Delegada de Xestión Municipal a habilitar recursos administrativos comúns na Intranet municipal para continuar coa tramitación dos procedimentos nos termos establecidos na Disposición Adicional Terceira do Real Decreto 463/2020, modificado polo Real Decreto 465/2020.
  • Cuarto.- Instar á Concellería Delegada de Benestar a continuar coa tramitación municipal das prestacións da RISGA e de dependencia, axilizando os trámites administrativos.
  • Quinto.- Instar á Concellería Delegada de Benestar á comunicar á Xunta de Galicia a plena disponibilidade da información do Concello de Vigo para axilizar os trámites administrativos das Pensións Non Contributivas, mediante a consulta de intermediación de datos, en aplicación do disposto no artigo 28 da Lei 39/2015.
  • Sexto.- Dar conta do acordo coa empresa do Servizo de Axuda a Domicilio de facer un seguimento das urxencias en tempo real durante as fins de semana e festivos
  • Sétimo.- Instar á Concellería Delegada de Benestar a habilitar para emerxencias de carácter social un correo de contacto específico ofi.central@vigo.org
  • Oitavo.- A presente resolución terá efectos a partires da súa data e ata o 29 de marzo, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración do estado de alarma.
  • Noveno.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.

8º PAQUETE

  • Primeiro.- Instar ás diferentes Áreas Ddas. de Goberno para que den traslado da comunicación remitida ás Xefafuras de Áreas e Servizos dende a Área Dda. de Goberno de Contratación, aos efectos do establecido no Real Decreto-Lei 8/2020, artigo 34.4
  • Segundo.- Instar á Concellería Delegada de Comercio á adopción de medidas para garantir o aloxamento das persoas derivadas polas Concellerías de Benestar, por atoparse en risco de exclusión social e de Igualdade, para as mulleres vítimas e violencia de xénero.
  • Terceiro.- Instar á Concellería Delegada de Benestar para que solicite á Xunta de Galicia á comunicación da información relativa ás actuacións da Comunidade Autonóma na cidade de Vigo
  • Cuarto.- Dar conta da comunicación efectuada en relación co contrato de concesión de servizo público de estacionamento regulado e controlado na vía pública mediante parquímetros.
  • Quinto.- Dar conta da análise levada a cabo en relación coa situación do transporte colectivo de viaxeiros.
  • Sexto.- A presente resolución terá efectos a partires da súa data e ata o 29 de marzo, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración do estado de alarma.
  • Sétimo.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.

9º PAQUETE

  • Primeiro.- Instar á Concellería Dda. De Benestar para a reorganización do servizos de comedor que operan na cidade para garantir a seguridade das persoas e facilitar o confinamento.
  • Segundo.- Instar á Concellería Dda. De Benestar para que solicite da Xunta de Galicia a provisión dos equipos de protección individual (EPIs) precisos para os servizos sociais municipais e outros medios necesarios para dar debido cumprimento ás obrigas actualmente vixentes.
  • Terceiro.- Instar á Concellería Dda. De Seguridade para que solicite da Xunta de Galicia a provisión dos equipos de protección individual (EPIs) precisos para a policía municipal e o servizo de bombeiros.
  • Cuarto.- Instar á Concellería Dda. De Xestión municipal a propoñer a excepcionalidade na suspensión dos prazos.
  • Quinto.- Instar á Concellería Dda. De Transporte a que lembre as medidas de seguridade á empresa contratista do servizo de transporte colectivo e a adopción de medidas para a supresión do pago en efectivo, promovendo á máxima axilidade na tramitación da tarxeta passvigo ou asimilada.
  • Sexto.- Dar conta da situación actual do rexistro de persoas voluntarias e de ofertas voluntarias de bens e suministros en relación co avance do COVID-19.
  • Sétimo.- A presente resolución terá efectos a partires da súa data e ata o 29 de marzo, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración do estado de alarma.
  • Oitavo.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.

10º PAQUETE

  • Primeiro.- Instar ás Áreas Delegadas de Goberno para que evalúen e comuniquen ao Comité de Seguimiento do COVID-19 as necesidades de equipamentos de protección individuais (EPIs) que poidan necesitar cada unha elas, co tempo razonable de duración.
  • Segundo.- Instar á Concellería Dda. de Benestar para que solicite da Xunta de Galicia a asunción dos costes adicionais xerados como consecuencia da situación do COVID-19.
  • Terceiro.- Instar á Concellería Dda. de Participación cidadá para que traslade á Xunta de Galicia e á Subdelegación do Goberno as ofertas voluntarias que se están a recibir no rexistro posto en marcha polo Concello de Vigo, respecto de bens e subministros de necesidade precisos para o mantemento das medidas sanitarias prescritas polas autoridades sanitarias ante o avance do coronavirus COVID-19.
  • Cuarto.- Tomar coñecemento da comunicación efectuada por responsables dos xeriátricos de Vigo da necesidade de contar con material para o mantemento das medidas sanitarias prescritas polas autoridades competentes e dar traslado a mesma á Xunta de Galicia e á Subdelegación do Goberno.
  • Quinto.- A presente resolución terá efectos a partires da súa data e ata o 29 de marzo, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración do estado de alarma.
  • Sexto.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.

11º PAQUETE

  • Primeiro.- Instar á Concellería Dda. De Seguridade a efectuar consulta coa Subdelegación do Goberno a situación das persoas sin fogar e persoas okupas en relación coa limitación da liberdade de circulación e actuacións a desenvolver.
  • Segundo.- Instar á Concellería Dda. De Participación Cidadá a centralizar e comunicar á autoridades competentes a demanda de recursos e materiais necesarios pola situación xerada polo COVID-19 das diferentes áreas de goberno municipal, centralizándose deste xeito a comunicación unha vez tome coñecemento o Comité de Seguimento.
  • Terceiro.- A presente resolución terá efectos a partires da súa data e ata o 29 de marzo, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración do estado de alarma.
  • Cuarto.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.ndo a máxima difusión á cidadanía.

12º PAQUETE

  • Primeiro.- Instar á Concellería Dda. de Facenda á adopción de medidas en materia tributaria e recadatoria para minimizar os efectos da situación xerada polo COVID-19 no ano 2020.
  • Segundo.- Instar á Concellería Dda. de Benestar á adopción das medidas para habilitar un pavillón municipal a efectos da prestación de asistencia á persoas sin fogar.
  • Terceiro.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.

13º PAQUETE

  • Primeiro.- Instar á Concellería Dda. De Fomento para a adopción dos acordos que procedan en relación coa continuidade da execución dos contratos de obra na dita Área ante a situación xerada polo COVID-19.
  • Segundo.- Instar a Concellaría Dda. De Educación a adopción das medidas necesarias para non proceder ao cobro dos prezos públicos polos servizos municipais de escolas públicas municipais e infantís durante o período que os ditos servizos non se prestaron ou non se presten pola situación xerada polo COVID-19.
  • Terceiro.- Instar á Concellería Dda. De Comercio en coordinación coas Concellería Ddas. De Urbanismo e Seguridade á adopción das medidas precisas para limitar o aforo dos establecimentos comerciais de alimentación a efectos de garantir o cumprimento das medidas
  • sanitarias impostas pola situación xerada polo COVID-19.
  • Cuarto.- A presente resolución terá efectos a partires da súa data e ata o 29 de marzo, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración do estado de alarma
  • Quinto.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.

14º PAQUETE

  • Primeiro.- Instar á Concellería Dda. De Participación Cidadá para que traslade á autoridade autonómica competente os ofrecimentos de donacións sociosanitarias de conformidade co establecido na Orde SND/234/2020, do 15 de marzo.
  • Segundo.- Dar conta da iniciativa cultural confinarteconcultura.vigo.org, como proxecto colaborativo para compartir vídeos caseiros sobre disciplina artística durante o confinamento.
  • Terceiro.- Dar conta da iniciativa municipal de atención as consultas das persoas emprendedoras e pequenas e medianas empresas sobre as medidas urxentes extraordinarias adoptadas para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 , a través do servizo de información “VIGO EMPRENDE”.
  • Cuarto.- .A presente resolución terá efectos a partires da súa data e ata o 29 de marzo, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración do estado de alarma
  • Quinto.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.

15º PAQUETE

  • Primeiro.- Instar ás Concellerías Ddas. De Benestar e Seguridade a que comuniquen á Subdelegación do Goberno a necesidade de designar como servizos esenciais a todos os aloxamentos cos que colaboran as Concellería Dda. De Benestar.
  • Segundo.- Instar á Concellería Dda. De Benestar a prorrogar o sistema municipal de aloxamento a persoas en situación de vulnerabilidade social, en calidade de axudas de emerxencia social.
  • Terceiro.- Instar á Concellería Dda. De Benestar á pedir á Xunta de Galicia a comunicación do protocolo en relación co COVID-19 para garantir a seguridade das persoas sen fogar que se deriven dos centros sanitarios aos servizos sociais municipais.
  • Cuarto.- Instar ás Concellerías Ddas. Do Goberno para avaliar a situación dos contratos vixentes cara ao seu eventual mantemento e, en consecuencia, ao mantemento da actividade económica e do emprego, sempre que sexa legalmente posible.
  • Quinto.- Dar conta da comunicación da Concellería Dda. De Fomento en relación coa execución das obras municipais e da súa remisión ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais do Concello para coñecemento e efectos
  • Sexto.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.

16º PAQUETE

  • Primeiro.- Instar á Concellería Dda. De Benestar para que comunique á Xunta de Galicia os costes adicionais en materia de becas de comedor derivados do COVID-19 a efectos do seu reintegro, con cargo aos fondos extraordinarios librados polo Estado para paliar a situación xerada polo dito coronavirus, e solicitar que amplíen as axudas concedidas pola Xunta para equiparalas coas do Concello de Vigo.
  • Segundo.- .Instar á Concellería Dda. De Benestar para que adopte as medidas necesarias para proceder á ampliación do albergue provisional instalado no Pavillón do Berbés á súa máxima capacidade.
  • Terceiro.- Dar conta da entrega, pola Concellería Dda. De Participación Cidadá, á Residencia de atención a persoas maiores DOMUSVI Barreiro dos bens e subministros de necesidade precisos para o mantemento das medidas sanitarias prescritas polas autoridades sanitarias ante o avance do coronavirus COVID-19, que foron ofrecidos ao Concello.
  • Cuarto.- A presente resolución terá efectos a partires da súa data e ata as 00.00 horas do 12 de abril, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración de prórroga do estado de alarma.
  • Quinto.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía

17º  PAQUETE

  • Primeiro.- Instar ás Concellerías Ddas. De Goberno á adopción das medidas necesarias para continuar únicamente a prestación dos servizos esenciais nos termos establecidos no Real Decreto-lei 10/2020, do 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuido recuperable para as personas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, coa fin de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID-19, mantendo o réxime de teletraballo acordado en resolución desta Alcaldía de data 15.03.2020.
  • Segundo.- Instar á Concellería Dda. De Participación Cidadá para a adopción das medidas necesarias para a ampliación das liñas telefónicas de atención á cidadanía en relación coa situación xerada polo COVID-19.
  • Terceiro.- A presente resolución terá efectos a partires da súa data e ata as 00.00 horas do 12 de abril, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración de prórroga do estado de alarma.
  • Cuarto.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía

18º  PAQUETE

  • Primeiro.- Instar ás Concellerías Ddas. De Goberno á adopción das medidas necesarias para continuar únicamente a prestación dos servizos esenciais nos termos establecidos no Real Decreto-lei 10/2020, do 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuido recuperable para as personas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, coa fin de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID-19, mantendo o réxime de teletraballo acordado en resolución desta Alcaldía de data 15.03.2020.
  • Segundo.- Instar á Concellería Dda. De Participación Cidadá para a adopción das medidas necesarias para a ampliación das liñas telefónicas de atención á cidadanía en relación coa situación xerada polo COVID-19.
  • Terceiro.- A presente resolución terá efectos a partires da súa data e ata as 00.00 horas do 12 de abril, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración de prórroga do estado de alarma.
  • Cuarto.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía

19º  PAQUETE

  • Primeiro.- Instar á Concellería Dda. de Política Social, para que lle solicite á Xunta de Galicia de conformidade coas Recomendacións do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, que proceda ao reparto inmediato dos créditos extraordinarios establecidos no RDL 8/2020, do 17 de marzo, entre as EELL,comunicando os criterios de reparto entre os diferentes municipios.
  • Segundo.- Instar á Concellería Dda. De Política Social a reiterar á comunicación á Dirección Xeral de Inclusión Social da total colaboración do Concello de Vigo para poñer a disposición un espazo para o aillamento das persoas que sexan probables ou dean positivo por COVID-19, a partires do momento en que a Comunidade Autónoma suministre os EPIs necesarios para garantir a seguridade das persoas e o protocolo e medios para o debido triaje sanitario, dado que o Concello carece deste material e destes medios, e non recibiu resposta a comunicacións anteriores.
  • Terceiro.- Instar á Concellería Dda. De Participación Cidadá a ampliar, de xeito inmediato, o funcionamento do Servizo de Atención Cidadá 010 todos os días da semana en horario de 08.00 hs a 20.00, adoptando as medidas necesarias para garantir o dito funcionamiento.
  • Cuarto.- – Instar á Concellería Dda. De Participación Cidadá á posta en marcha do servizo de orientación laboral municipal para atender as consultas, dúbidas e inquedanzas en relación coa situación xerada polo COVID-19, articulando un correo electrónico de contacto a tal fin (empregocovid19@vigo.org) e dando difusión do mesmo a través da conta de twitter @CMEmpregoVigo.
  • Quinto.- A presente resolución terá efectos a partires da súa data e ata as 00.00 horas do 12 de abril, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración de prórroga do estado de alarma.
  • Sexto.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.