emenda á totalidade ao proxecto orzamentario do concello de vigo para 2021.

11 de Novembro de 2020

É un lugar común no debate político institucional que o Orzamento Municipal constitúe unha ferramenta indispensable para a mellora da fisionomía das nosas cidades e dos servizos públicos que ofertan, da calidade de vida das persoas que viven nelas, e da cohesión social e o funcionamento democrático da institución local. Ese lugar común tantas veces expresado, terá no proxecto orzamentario para o 2021 un maior fundamento a teor do que ten acontecido na cidade de Vigo dende a aparición do virus da COVID-19 e as medidas sanitarias e epidemiolóxicas con forte impacto na economía e na sociedade que se tiveron que implantar a partir do mes de marzo do 2020.
Porque como suliñábamos no documento de emendas aos empregos dos remanentes aprobados recentemente “os factores derivados da crise COVID-19 e a súa incidencia na nosa economía teñen obrigado ás administracións públicas a adoitar unha serie de medidas correctoras ante unha crise con incidencia económica imprevista e de alcance temporal aínda impredecible”. Por este motivo, fronte a criterios anteriores de contención do gasto e investimento público, a Comisión Europea, por exemplo, ten suspendido o Pacto de Estabilidade e Crememento no tocante aos obxectivos marcados pola regra de gasto para os anos 2020 e 2021 e análogamente o goberno de coalición do Estado ten lanzado a maior ofensiva económica da historia do estado para conquerir uns PXE expansivos e con cobertura social ampla.
Independentemente da, por desgraza, aínda vixente Lei Orgánica 2/2012 do 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria que establece os obxectivos de estabilidade orzamentaria e débeda das diferentes admintracións públicas; o feito de que o goberno do Estado suspendese as regras fiscais para o 2021 xa marca un camiño totalmente diferente na configuración dos proxectos orzamentarios municipais e mesmo, no tocante ao persoal, os PXE, actualmente en proceso de aprobación, xa conteñen unha previsión de incremento salarial ao conxunto do persoal público de cando menos o 0,9%, contra o que establece este proxecto orzamentario para o 2021. Para Marea de Vigo, esta situación, e as decisións orzamentarias tomadas en ámbitos europeos e do estado, terían que ter continuidade nas decisión orzamentarias das entidades locais para a configuración dos seus proxectos orzamentarios para o 2021.
Lamentablemente o proxecto orzamentario que se nos presenta agora, frustra gran parte da expectativa creada ao esperar una reorientación das prioridades de gasto nun marco orzamentario que sumando remanentes e orzamento supera por primeira vez na facenda local viguesa os 300 millóns de euros. Dicimos que trunca esa expectativa polos seguintes motivos:

1. De novo o Goberno local ignora a madurez política da sociedade viguesa e decide que o proxecto orzamentario non só non teña un capítulo participativo previo á elaboración do mesmo, senón que desoe de xeito palpable as sucesivas reclamacións de liñas de axudas e proxectos que den pulo ao proceso de reconstrución económica e loita contra o impacto que a crise da COVID-19 ten en Vigo: reclamacións das AAVV, do sector comercial e hostaleiro, do tecido cultural da cidade, etc… que foron trasladadas públicamente e por rexistro ao Goberno local.
Non habilitando ese mecanismo previo, as fórmulas como ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS que Marea de Vigo reclamou en todos e cada un dos exercicios orzamentarios de esta e da anterior lexislatura (pedíamos un programa piloto dos mesmos para darlle empregos a unha partida non inferior a 2 millóns de euros) tampouco constitúen unha senda de traballo para este Goberno local.
A maiores, con esta actitude, o Goberno local mesmo incumpre o Código de Bo Goberno da Propia Federación Española de Municipios e Provincias (traído a Pleno e aprobado na anterior lexislatura) que sinala que “a efectos de coñecer con precisión as necesidades e expectativas da cidadanía, así como de garantir a existencia de xeitos de interlocución adoptaranse medidas como: Regular unha carta de dereitos e deberes cidadás, como instrumento no que definir e facilitar o seu exercicio así como “Implementarar os orzamentos participativos como instrumentos de mellora da participación da cidadanía na asignación dos recursos públicos e na definición de obxectivos prioritarios de xestión.”
2. O proxecto orzamentario plantexa un escenario de conxelación nas retribucións do persoal municipal consignadas no capítulo 1 sen establecer partida ningunha para implementar esa suba (que se sobreentende do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado actualmente en fase de aprobación será cando menos do 0.9%). Do mesmo xeito formula de novo unha amortización de prazas vacantes non asociadas a OPE algunha, o que constitúe unha aposta errónea pola destrución de emprego público e a externalización de servizos públicos. De feito consideramos que, de novo, non se producíu unha verdadeira negociación co comité de empresa no que atinxe ao capítulo 1 deste proxecto orzamentario.
3. O proxecto incorpora finalmente a privatización dos servizos de apertura e peche das instalacións deportivas municipais (que incidirán xunto co aumento de horas de servizo do SAF) no aumento dun 1,5% no gasto neste capítulo de bens e servizos, que vai a aumentar un total dun 2,33% máis este 2021. Marea de Vigo segue considerando, máxime sobrando de media na execución do Capítulo 1 de Persoal uns 5 millóns de euros anuais, que mentres a taxa de reposición e os incrementos
de cadros de persoal públicos non se substancien, poden perfectamente cubrirse as necesidades de persoal dos centros deportivos de titularidade municipal con bolsas de emprego (fórmula por outra banda habitualmente empregada nestes anos ate este propio ano 2020). Tería sido, iso si, oportuno, que no proxecto de PXE do 2021 existise unha modificación expansiva das taxas de reposición de emprego público para poder ter dotado de máis persoal aos xa exiguos cadros de persoal das administracións públicas para que gran parte deste remanente puidese paliar a evidente falla de persoal público no noso concello.
4. Tal e como advertíamos no debate sobre as taxas e prezos para o ano 2020 e o 2021, o escenario impositivo que marca este orzamento é dun incremento dos impostos directos e indirectos de xeito notable, mesmo a recadación a data 31 de setembro nos dous capítulos está por enriba do 100% sen que existan suficientes bonificacións fiscais para paliar a grave situación económica que viven moitas familias viguesas: dos 72 millóns de euros de recadación por IBI apenas existen bonificacións por importe de 5 millóns e dos vehículos de tracción mecánica (rodaxe) apenas 1,8 millóns dos 17 a recadar. Aumenta notablemente, análogo a isto, a presión fiscal por habitante fronte ao que reiteradamente expresa o Goberno local: apenas en 10 anos pasou dos 432 euros por habitante aos 521 do ano 2019.
5. O proxecto orzamentario presenta unha redución dun 17% nos investimentos previstos inicialmente, e, se ben logo se incorporarán remanentes e fondos europeos, o rigorosamente certo é que a media de execución deste capítulo nos últimos orzamentos do Concello de Vigo está por debaixo do 50% con moita posibilidade de que marque récord de inexecución neste 2020 (apenas un 13,61% executado a data 30 de setembro pasado, o que significan 6,9 millóns de euros dos 51 millóns de investimentos orzamentados).
6. Fronte ao expresado polo Goberno local no pasado debate sobre competencias locais ligado ao expediente de modificación orzamentaria para o emprego dunha parte importante do remanente de tesourería, nada nin ninguén impedía ao Goberno local de Vigo empregar gran parte dese remanente, nin unha parte do orzamento de 2021 para a creación de axudas ao sector do comercio e hostalería, ao sector cultural, a soster e evitar a quebra da oferta veciñal das AAVV e a actuacións en obra pública verdadeiramente urxentes, cuestións que propuxo Marea de Vigo e que volve a solicitar para os Ozamentos de 2021.
7. O Orzamento proposto para 2021, nun ano que xa sabemos vai ter un escenario económico difícil, decide erradicar a cifra nada despreciable de 800.000 euros dun montante total de 2.472.000 euros que no orzamento do ano 2020 sumaban as dúas partidas de axudas de alimentos, alugueiros e pobreza, pasando aos 1.651.150 para o 2021. Todo nun escenario de gasto social que se move na contorna dos 19 millóns de euros e que coloca a Vigo moi lonxe dos 100 euros de gasto social por habitante, cifra lóxica para un ano 2021 que vai decorrer coa cronificación da pobreza e da exclusión social tal e como foi o ano presente.

Este ano 2021, coa suspensión das regras fiscais e coa incoporación de boa parte dos 92 millóns de euros de remanente líquido de tesourería que existía en caixa no 2020, era unha oportunidade de ouro para, (independentemente do feito de que a Xunta queira ou non asumir a súa competencia en materia social, xa que xestiona 1 de cada 4 euros orzamentados polas administracións públicas nesta materia), poñer a Vigo nun gasto de 29 millóns de euros na partida de Servizos Sociais e Promocion Social (actualmente en 19,4), o que significaría un gasto social por habitante de 100 euros e achegaríamos a cidades como A Coruña que no seu último orzamento superou esa cifra ou Lugo que está xa preto da mesma.
8. O proxecto orzamentario presentado deixa poucas opcións de modificación xa que a práctica totalidade do orzamento xa ten gasto comprometido ou está vinculado a contratos en vigor. Pero é que ademais, as modificacións que se formulen para este ano 2021 sobre as partidas “verdadeiramente modificables”; ao noso xuízo son absolutamente insuficientes para acometer un ambicioso programa de reconstrución económica. Marea de Vigo considera que existen partidas que precisan ser reformuladas e mesmo aclaradas neste proxecto orzamentario. Partidas como as seguintes e que en moitos casos poderían ter sido replantexadas para o 2021 ao non tratarse de prioridades dunha cidade en loita contra os efectos da crise:

 

PROGRAMA ECONÓMICO DENOMINACIÓN CRÉDITO DISCREPANCIA COA PARTIDA PROPOSTA
1360 6220000 1º ANUALIDADE PARQUE DE BOMBEIROS 410.000 No Orzamento de 2020 figuraban 900.000 euros para unha 1ª anualidade dun parque en Bouzas que non ten execución a data actual.
1532 2100004 PLAN RENOVACIÓN FIRMES DEPUTACIÓN 1.000.000 Vai a executarse realmente esta partida no ano 2021 ou será como nas anteriores sen execución total definitiva?
1532 6190019 PASEO DE BOUZAS 550.000 Cubriuse legalmente o Concello para acometer esta actuación que en teoría corresponde a outra administración e está en dominio público marítimo terrestre?
1539 6190003 DUSI PORTA DO SOL 1.382.343 É realmente necesario acometer o túnel da Porta do Sol para peonalizar o entorno?
1710 6190015 PARQUES INFANTÍS E BIOSAÚDABLES 800.000 A partida en 2020 foi de 900.000 sen execución algunha a data do segundo trimestre de ano.
2310 4800002 AXUDA ALUGUEIRO, VIVENDA .. 526.150 Partida que en 2020 tiña 1.550.000. Cal é o motivo da importante diminución para este 2021?
2310 4800000 AXUDAS A FAMILIAS 1.125.000 Esta partida, que en 2020 foi de 922.000, experimenta pola súa banda un crecemento, pero é incluso inferior á necesidade orzamentaria que motivou o seu crecemento ate casi duplicarse e, sumada a anterior, supón aínda un descenso de 800.000 euros sen explicación do motivo neste proxecto orzamentario.
2410 4800000 AXUDAS PLAN EMPREGO 1.140.000 Non entendemos como este programa mesmo diminúe con respecto ao 2020 en 10.000 euros cando debería ter un incremento notable no 2021.
3230 6220005 CUBRICION PATIOS COLEXIOS 55.000 Esta partida, que en 2020 tiña 750.000 prácticamente desaparece e no primeiro sementre de 2020 tiña apenas 27.000 executados.
3260 2279917 AULAS INTERNACIONAIS 2.046.000 Non entendemos porque se consigna en 2021 o mesmo importe sen a certeza de que sexa operativo no verán (en 2020 non se executou nada).
3380 2260906 FESTAS DE VIGO 1.900.000 En 2020 sen execución prácticamente, agora consignar a mesma partida ao noso xuízo e un despilfarro evidente.
3380 2260901 CABALGATA DE REIS 185.000 Importe excesivo para un ano 2021 que vai estar tamén limitado en canto a aforos
4310 2279901 PROGRAMA DECORACIÓN NADAL 515.000 Esta partida elevouse por enriba dos 800.000 euros en 2019 e mesmo consumíu xa 127.000 euros do 2020 (o Nadal 2019-2020 case 1 millón de euros). Algo que é inexplicable como gasto necesario para o comercio neste 2021.

Esta partida elevouse por enriba dos 800.000 euros en 2019 e mesmo consumíu xa 127.000 euros do 2020 (o Nadal 2019-2020 case 1 millón de euros). Algo que é inexplicable como gasto necesario para o comercio neste 2021.

Co proxecto exposto e os usos destas e outras partidas perdemos unha oportunidade de dotar á cidade de recursos para responder á crise provocada pola pandemia. Unha oportunidade que si existíu para os empregos dos 33 millóns de euros do remanente que se modifica e incorporará a este orzamento pero que o Concello decidiu non empregar en propostas de reconstrucción social por motivos, como expresa o informe do interventor: “O seu contido inequivocamente político, non pode quedar suxeita a un estudo-avaliación e consideración dun informe técnico, xa que as mesmas non poñen en cuestión o incumprimento do bloque normativo que lle é de aplicación a este tipo de expedientes, senón unha aplicación dos recursos a empregos distintos, é polo tanto, fundamentadas en razóns de oportunidade política, non coincidente coa proposta do Goberno e aprobada pola Xunta de Goberno Local”.
Para o ano 2020, Marea de Vigo propoñía unha modificación de 6.287.200 euros en base a partidas que finalmente na súa maior parte non foron nin van ser executadas neste 2020 e que volven ao proxecto orzamentario de 2021:
Programa educativo aulas internacionais (pedíamos reducir 1.023.000 euros e finalmente non foi executada a partida total ante a situación da COVID). Neste 2021 volve a aparecer con 2.046.000.
Cabalgata de Reis (pedíamos reducir 85.000 dos 185.000) e neste ano aparece con idéntica cantidade.
Festas de Vigo (pedíamos reducir 900.000 do 1.900.000) e finalmente a maior parte da partida non foi executada neste verán. Este ano preténdese consignar o mesmo importe
Liñas aéreas e promoción turística (quedou sen executar por motivos óbvios o contrato de 2.855.200) Neste 2021 preténdese incorporar de novo 2.655.200.
E queda obviamente por ver canto do PROGRAMA DE DECORACIÓN E ANIMACIÓN NADAL (dotado con 930.057 euros) e do de INSTALACIÓN E MANTEMENTO DO ALUMEADO DE NADAL (con máis de 515.000) van ser executados neste 2020. A pesar diso, no 2021 preténdese volver a consignar as mesmas cantidades nun ano marcado , con seguridade, pola crise en sectores trascendentais para e economía viguesa.

Hoxe, á vista do acontecido na nosa cidade, coa hostalería paralizada, cunha previsión cando menos no primeiro semestre do 2021 de retracción económica, mesmo as partidas que Marea de Vigo consignara para o orzamento do ano 2020 quedan amplamente superadas pola crise da COVID-19 e serían, mesmo de terse en conta, partidas insuficientes:

 

PARTIDA PROPOSTA PARA ORZAMENTO 2020 NOME IMPORTE A INCREMENTAR GRADO DE EXECUCIÓN NO 2020
EXISTENTE AXUDAS A FAMILIAS E FONDO DE EMERXENCIA DESAFUIZAMENTOS 500.000 FINALMENTE FOI INCREMENTADA MEDIANTE USO DO SUPERAVIT 2018
EXISTENTE AXUDA ALUGUEIRO VIVENDA, ALIMENTOS, C.ENERXÉTICA 800.000 FINALMENTE FOI INCREMENTADA MEDIANTE USO DO SUPERAVIT 2018
EXISTENTE BOLSAS COMEDOR, LIBROS 500.000 FOI NECESARIO AMPLIAR A SÚA COBERTURA
EXISTENTE ACHEGA AO M.A.R.C.O. 500.000 NON SE AUMENTOU A DOTACIÓN
NOVA PARTIDA CONVENIO FEDERACIÓN VECIÑAL 80.000 NON FOI RECUPERADO
NOVA PARTIDA CONCURSO PÚBLICO PROGRAMACIÓN AUDITORIO MAR DE VIGO 500.000 TRAMITOUSE COMO SUBVENCIÓN AO PROGRAMA “TERRACEO” E OUTROS EVENTOS REALIZADOS NO MAR DE VIGO
NOVA PARTIDA ADQUISICIÓN VIVENDAS PARQUE EMERXENCIA SOCIAL 1.348.200 NON SE TIVO EN CONTA
NOVA PARTIDA ESTUDO REMUNICIPALIZACION SERVIZOS PÚBLICOS 50.000 NON SE TIVO EN CONTA
NOVA PARTIDA AXUDAS PARA A AXUDA A CREACIÓN DE EMPRESAS SOCIAIS E COOPERATIVAS 1.000.000 NON SE TIVO EN CONTA
NOVA PARTIDA PROGRAMA MELLORA VIAIS RURAL E PERIFERIA DA CIDADE 1.000.000 NON SE TIVO EN CONTA
Total novos importes propostos para o 2020 6.278.200

 

9. O orzamento para o ano 2021 presenta un escenario de gasto en partidas e investimentos recorrentes, en moitos casos sen execución ao final dos exercicios recentes, e que xa deberían estar reorientadas á outros gastos e investimentos que se orienten maioritariamente ás familias viguesas, tal e como foi expresado pola propia FEMP na súa declaración institucional ante a crise da COVID-19 do pasado mes de abril que literalmente expresaba “En el ámbito económico, el texto aprobado incide en que las Entidades Locales son la “primera puerta” a la que llama la ciudadanía; por ello, necesitan “disponer de instrumentos efectivos para dar respuesta a todas las situaciones que está generando esta crisis”. y a estos efectos “reclamamos poder hacer uso de nuestro superávit de 2019 sin ninguna limitación, flexibilizando con ello la rigidez de la regla de gasto y de la estabilidad presupuestaria”. La Declaración indica, igualmente, que “los remanentes que las Entidades Locales hemos generado desde el año 2012, gracias a una gestión responsable y a un firme compromiso con España, pertenecen a las Corporaciones Locales; siendo ellas las únicas que tienen el derecho, exclusivo y excluyente, de decidir cómo gestionarlos y aplicarlos en las actuales circunstancias para luchar contra el coronavirus y para reactivar la economía de sus municipios y provincias a partir del día después”.
A día de hoxe, e con estas dúas posibilidades perfectamente habilitadas (uso do superávit de 2019 e remanentes consignables nos orzamentos) o Concello de Vigo segue “enfrascado” en aillarse da realidade consignando máis do 80% de esos recursos en ladrillo, farolas, plantas ornamentais e obras que “serán singulares e estéticamente inauditas no mundo” pero non enchen as neveiras nin facilitan vivenda, traballo e dereitos aos vigueses e viguesas.
10. Marea de Vigo considera que no proxecto orzamentario faltan, tal e como expresou tamén para os empregos dos 33 millóns de euros de remanentes, as seguintes prioridades de gasto, conscientes de que poden ser competencias tamén autonómicas, pero coa mesma argumentación que sostemos de que competencias autonómicas son tamén a cubrición de patios escolares, as bolsas de inglés ou as partidas de fomento de comercio que xustifican que o Goberno local con recursos públicos ilumine con luces de Nadal. As competencias en materia de benestar dos vigueses e viguesas son parte das recoñecidas pola Lei de Bases de Réxime Local e que centos de concellos están a asumir en materia de servizos sociais, vivenda, promoción económica, etc… ante a situación que viven os seus barrios.

Por iso seguimos a demander, tal e como formuláramos como empregos dos remanentes de tesourería, as mesmas prioridades:

1. LIÑAS DE AXUDAS AO COMERCIO LOCAL E AUTÓNOMOS.
IMPORTE ORZAMENTARIO NECESARIO ESTIMADO: 10.000.000 millóns de euros

Vigo actualmente é unha cidade onde o gasto orzamentario orientado ao comercio local é moi escaso. Na propia proposta do Orzamento 2021, nos investimentos iniciais figuran consignadas cantidades moi escasas, polo que, se ben é certo que hai plans de emprego que engloban tamén ao sector do comercio (por exemplo os cofinanciados con fondos DUSI) ou as axudas para asocacións vinculadas ao plan de emprego, o realmente constatable que as partidas directas de investimentos son escasas. Nesta situación consideramos que o Concello de Vigo ten que artellar axudas directas e actuacións orientadas a paliar os efectos que a Crise da Covid está a provocar no comercio e na pequena empresa local.

Se tomamos como referencia a análise que a propia memoria orzamentaria para 2021 realiza segundo a área funcional de gasto, os datos son máis ilustrativos. Dos 264.011.037 millóns de euros do orzamento proposto, esta partida incluso diminúe, pasando dos 6.185.986 en 2020 aos 5.687.750 de 2021 e tendo en conta que a práctica totalidade son luces de Nadal e axudas ás compañías aéreas). O que significa que a Comercio e Turismo no ano 2021 vaise adicar apenas o 2,2% do orzamento. Xurdirá o argumento de novo das cuestións competenciais, pero é que un concello pode e debe asumir estas competencias como elemento de tracción económica sobre todo en escenarios de crise.

As axudas que propoñemos van na líña que moitos concellos están habilitando para as persoas autónomas e pequenos comercios e que simplifican os procedementos ante a urxencia da situación xerada polo COVID-19 e o brutal impacto que está tendo na economía local sen entrar a discutir a cuestión das competencias en materia de comercio, que obviamente poden ser compartidas e priorizadas nunha situación de emerxencia como a que estamos a vivir e terán que estar circunscritas a actuacións e coberturas concretas:

Pago alugueiro locais comerciais, naves, etc
Cobertura de gastos común como: seguros, electricidade, auga, teléfono e internet,
Mantemento e mesmo creación de emprego no sector
Implantación de melloras comerciais (tecnolóxicas, plataformas venta comercio local, etc….)
Sempre complementarias ás que habiliten outras administracións.

A nosa proposta segue a ser a mesma que foi proposta durante o estado de alarma e o proceso de desescalada e que foi remitida ao Goberno local. Realización en colaboración coa guía ARDÁN da Zona Franca e cos datos reais do IGE dun censo real dos autónomos en Vigo (en 2019 tíñamos 18.358 traballadores por conta propia) que sosteñen un negocio con persoas empregadas. Unha vez feito propoñemos unha axuda directa de 1.000 euros ás persoas autónomas con empresas que tiveron que pechar polas sucesivas actuacións gubernativas dende a declaración do estado de alarma ate as medidas máis recentes de reducións de aforos da administración autonómica. De existir crédito ampliaríase a autónomos/as e profesionais sen negocio físico nen persoal empregado. Estas axudas poderán complementarse establecendo criterios de mantemento de emprego ou número de empregados/as ou criterios semellantes.

2. LIÑAS DE AXUDAS ESPECÍFICAS AO SECTOR HOSTALEIRO.
IMPORTE ORZAMENTARIO NECESARIO ESTIMADO : 5.000.000 millóns de euros

Os recentes peches no sector hostaleiro local van a ter un impacto evidente no emprego na nosa cidade, ao ser un sector de altos volúmenes de emprego e cunha estacionalidade nos contratos que deixará fóra dos ERTES a unha parte substancial dos traballadores e traballadoras do sector. Propoñemos, en base ao que se ten plantexado en outras administracións unha liña de axudas ao sector centradas en:

axudas directas análogas ás axudas propostas ao comercio local pero, ante a evidencia do peche durante alomenos un mes dos negocios hostaleiros (feito que de momento non está a suceder no sector do comercio) propoñemos unha maior cuantía nas axudas derivadas para o pago de alugueiros e custos fixos dos negocios. Isto é unha axuda non inferior a 2.000 euros por negocio e complementarias das axudas que poidan recibir de outras administracións.

Plan de emprego municipal específico para a recolocación do persoal afectado polo peche noutras actividades relacionadas coa administración local ou os servizos públicos.

Campañas públicas que poidan ser de axuda á hostalería: dinamización cultural e artística en rúas, axudas de promoción publicitaria, concursos de tapas e rutas gastronómicas na propia cidade, etc…

3. CAMPAÑA DE IMPULSO DO COMERCIO DE PROXIMIDADE
IMPORTE ORZAMENTARIO NECESARIO ESTIMADO: 500.000 EUROS

Impulso ao comercio de proximidade e medidas relacionadas coa organización, fidelización e mellora do comercio local que responda as necesidades do pequeno comercio. Concreción de campañas de sensibilización e comunicación que poñan en valor as vantaxes do pequeno comercio: trato, calidade, localización, horarios, etc. Se algo amosou esta crise foi a necesidade dun trato humano e directo, da necesidade das “tendas de toda a vida” que coñecen ao veciño e veciña e mesmo establecen mecanismos de solidariedade (fiar compras, axuda alimentaria…).

Con este tipo de campañas se pretende visibilizar este “trato humano” e que a oferta do comercio na contorna conecta á veciñanza co comercio de proximidade e posibilitan poñer en valor a súa oferta. Realización dunha campaña anual de sensibilización e promoción do comercio de proximidade, eventos concretos como “noites brancas”, premios do comercio local, xornadas de portas abertas “coñece o comercio do teu barrio”.

4. CAMPAÑA DE FIDELIZACIÓN E MODERNIZACIÓN TIC NO COMERCIO LOCAL
IMPORTE ORZAMENTARIO NECESARIO ESTIMADO: 200.000 EUROS

Accións de fidelización do comercio local. Posibilidade de empregar a PASSVIGO como tarxeta de fidelización no comercio e hostalería local. Axudar dende o Concello a manter no tempo estratexias de fidelización; fidelización que valore non só a relación puntual negocio-cliente senón o construír unha vinculación que faga ter ao comercio de proximidade como referente para a compra de produtos ou servizos de todas as familias viguesas. Incluso a creación dunha “moeda local comercial” que xa funciona de xeito eficaz en moitas cidades do estado.

Creación de sistema de bonos regalo para mercar no comercio local.

Potenciación dende o Concello de do uso das TIC´s como instrumento de axuda ao desenvolvemento do comercio de proximidade, tanto na xestión como na difusión. Poden facilitar de xeito interesante que pequenos negocios que non teñen web, nin usan as redes sociais poidan ter unha vantaxe fronte a plataformas online ou grandes centros comerciais poñendo en valor a proximidade e o servizo postventa inmediato

Desenvolvemento dunha web :“ Made in Vigo” que poña en valor o activo comercial, hosteleiro, cultural e comercial da nosa cidade, con estreita vinculación ao Turismo pero tamén ao consumidor interno da cidade.

Establecemento con axuda do concello de puntos de recollida de compra en liña procedente do pequeno comercio da cidade, tanto en punto físico como en envíos a domicilio no ámbito local.
5. PLAN DE EMPREGO E FORMACIÓN NO COMERCIO LOCAL E HOSTELERÍA
IMPORTE ORZAMENTARIO NECESARIO ESTIMADO: 450.000 EUROS

Formación para o comercio local que teña como base os plans de emprego municipais (teñen que servir tamén para formar a máis e mellor persoal do comercio, hostalería, servizos, etc…)
6. PLAN DE ACTUACIÓN MUNICIPAL DE OBRAS URXENTES
IMPORTE ORZAMENTARIO NECESARIO ESTIMADO: 1.000.000

Antes de formular actuacións como humanizacións que na súa maior parte recaen no ámbito urbán da cidade, propoñemos abordar cos recursos desta modificación orzamentaria actuacións urxentes que fóron advertidas reiteradamente pola cidadanía sen resposta por parte do Goberno local. Este plan sería complementario do Orzamentado en convenio coa Deputación de Pontevedra xa que este non sería exclusivamente para asfaltado senón para calqueira actuación de urxencia.

7. PLAN VECIÑAL PARA O DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE NAS AAVV
IMPORTE ORZAMENTARIO NECESARIO ESTIMADO: 500.000

O peche de actividade no movemento veciñal está causando tamén unha seria problemática de sostenibilidade dos cursos e servizos que estas entidades realizan nos barrios e parroquias de Vigo.
Sen posibilidade en moitos casos de retomalos polas limitacións de aforo e a situación que elo conleva a que contratar profesorado sexa imposible. Esta situación xa está radiografíada e trasladada formalmente pola Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao, que deu denuncia pública da situación que atraviesan as dúcias de asociacións federadas. É por iso que propoñemos que se artelle coa FAVEC un proxecto centrado no mantemento da actividade veciñal, a súa seguridade sanitaria e a adaptación á plataformas online do mesmo.
8. INCREMENTO DOS RECURSOS EN MATERIA DE AXUDAS SOCIAIS DE EMERXENCIA
IMPORTE ORZAMENTARIO NECESARIO ESTIMADO: 1.520.312

Considerando que o RD do 17 de marzo xa autorizaba un incremento do uso do superávit polos Concellos para atención social (establece que as corporacións locais dispoñen dunha cantidade de igual contía do superávit do exercicio 2019 para financiar as axudas económicas e todas as prestacións de servizos xestionadas polos servizos sociais de atención primaria e atención á dependencia), entendemos que aínda queda superavit (2 millóns de euros) e mesmo remanente que podería incorporarse a posteriori da aprobación deste orzamento. En todo caso, e defendendo tal e como sinalamos nesta emenda anteriormente que o montante de gasto en servizos sociais e promoción social, debe incrementarse dos 19 millóns actuais aos 29 millóns de euros (100 euros por habitante) gradualmente, entendemos que é necesario neste orzamento evitar a pérda de recursos para estas tipoloxias de axudas sociais de urxencia.
As funcións que se poden artellar veñen recollidas no Acordo do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, do 16 de xaneiro de 2013, que recolle o Catálogo de Referencia de Servizos Sociais) e ante a evidencia de que coa aparición do Ingreso Mínimo Vital está a garantirse ingresos a familias, o que pretendemos con esta partida e ampliar o catálogo de axudas sociais máis aló das AEFAS e de outras axudas de emerxencia que se habiliten por parte do Concello. Agora trátase de sumar recursos ao Orzamento do 2021 para:

Programa de alugueiros sociais e programa de hostais acolledores para ter solución habitacional urxente para o ano 2021 que pode ser especialmente complexo en canto a desafiuzamentos e para as persoas en situación de rúa durante esta crise da COVID-19.
Fomento de programas “Housing First” para dar complemento ao albergue e instaurar esta medida como prioritaria.
A pesar de que a nova lei autonómica obriga a cofinanciar escolas infantís e os recursos educativos dispoñibles a nivel municipal están a deitarse nese sistema inxusto de cofinanciamento, esta partida debería servir para diseñar un plan de apertura de escolas infantís e centros de día municipais que priorice os barrios en base a realidade socioeconómica dos mesmos para que se garanta no proxecto de investimentos dos Orzamentos Municipais xa do 2021 a apertura de máis centros que completen a falla de prazas en escolas infantís e centros de día xa endémica na cidade.
Facilitar o acceso a internet para facer xestións telemáticas a moitas familias que non poden facelo para erradicar as colas vinculadas á solicitudes de axudas e habilitar mecanismos que eviten a fenda dixital nas familias empobrecidas da nosa cidade (escola, búsqueda de emprego, etc…)
Estudo de implantación dunha RENDA SOCIAL MUNICIPAL complementaria ao IMV.

9. CULTURA E PLAN DE AXUDAS AO SECTOR CULTURAL DA CIDADE
IMPORTE ORZAMENTARIO NECESARIO ESTIMADO: 800.000

Foron reiterados os chamados do sector cultural da cidade a habilitar axudas en réxime de concorrencia competitiva, programas específicos e asesoramento para proxectos culturais abocados a permanecer pechados ou con serias limitacións de difusión e aforo. O sector cultural leva dende marzo nunha situación de permanente cancelación de eventos e cunha incerteza do que pode acontecer nos vindeiros meses. A programación, esencial no sector, non pode nin prepararse nin garantizarse incluso para aquelo xa contratado ante a incerteza da evolución da pandemia na nosa cidade. Urxe polo tanto comenzar xa con recursos deste remanente e completar cunha aposta decidida polo sector nos orzamentos municipais para o 2021.

Propoñemos en base a esto que esta partida artelle as seguintes medidas:

O concello debe habilitar un procedemento non excluínte para garantir que cando a actividade cultural e artística na nosa cidade esté operativa ao 100×100 de novo, exista un sector local para levalo adiante. Como o mesmo sector demandaba a complexidade de axudas que se abren coa situación COVID, as novas normativas estatais e autonómicas, deberían ser motivo para a apertura dunha oficina de consulta municipal que tanto permita a orientación ao sector como pactar a non suspensión das actividades contratadas, negociando a súa reubicación programable a futuro e mesmo acordar o pago anticipado dunha porcentaxe do custo das mesmas como permite o Real Decreto 21/2020.
Creación dunha plataforma de actividades culturais online, donde o Concello de xeito remunerado contrate diversa actividade artística e cultural e garanta a participación da administración como mecenas completando aforos e divulgando online a actividade.
Liñas de axudas para o pago de alugueiros de espazos culturais (teatros, coworkings, salas de exposicións, locais de música en directo) así como para os pagos de costes fixos do mantemento dos mesmos.
Partida económica para garantir que no programa das Festas de Vigo sexa garantida a presencia alomenos nun 60% da programación de compañías de teatro, bandas musicais e actuacións culturais de ámbito local. Fomentar o uso de Castrelos como auditorio para bandas locais e eventos todo o ano.
Programa de préstamo de equipos de iluminación e son do Concello á bandas, eventos culturais. Apostamos pola compra e préstamo directo do Concello, sen ter que contratar mediante contrato menor estos servizos que se encarecen notablemente e fan que mesmo en ocasións no exista crédito orzamentario para ofertalos aos grupos e compañías da cidade.
10. PLAN DIRECTOR PARA A CREACIÓN DUNHA REDE BIBLIOTECAS MUNICIPAIS
IMPORTE ORZAMENTARIO NECESARIO ESTIMADO: 200.000

Vigo é a cidade galega con menos bibliotecas municipais operativas. Se ben neste proxecto confirmase a construción da futura biblioteca de Teis, considemos urxente a redacción dun plan director dunha Rede Municipais de Bibliotecas e salas de estudo que conteña, ademáis do proxecto de modelo bibliotecario en base a criterios reais de poboación usuaria, servizos a conter o proxecto construtivo de novas bibliotecas coa seguintes prioridade:

Garantir 1 biblioteca pública municipal por cada distrito da cidade. 1 proxecto de biblioteca por cada exercicio orzamentario.
Conversión en bibliotecas de tódalas salas de estudo municipais existentes
Estudo da inclusión dunha biblioteca municipal no proxecto de recuperación da Panificadora.

11. BAÑOS PÚBLICOS E DISPENSADORES DE XEL NOS ESPAZOS PÚBLICOS
IMPORTE ORZAMENTARIO NECESARIO ESTIMADO: 200.000

O peche da hostalería e o futuro modelo de cidade post-covid obriga urxentemente a rehabilitar esta tradicional fórmula de hixiene dotando aos espazos públicos de servizos, ademais de habilitar dispensadores de xel hidroalcólico.
12. POLÍTICAS DE PROTECCIÓN ANIMAL
IMPORTE ORZAMENTARIO NECESARIO ESTIMADO: 500.000

A crise da Covid 19 tamén ten unha dimensión de crise nas políticas de protección animal. Ademais de manter os recursos do convenio coa protectora, Marea de Vigo propoón para o ano 2021 un incremento notable nas partidas en materia de protección animal:

Seguir coa reconversión do zoo a santuario de animais.
Mellora do Plan Sanitario de Esterilización Felina: cunha partida orzamentaria específica para o programa e aumentado análogamente ao que xa existe dentro do convenio coa protectora (de 1600 euros ao mes, 19.200 ano ano)
Recoñecemento do voluntariado de atención ás colonias felinas da cidade que poden xogar un papel central para identificar e atender o proceso de recepción, esterilización e solta dos animais en vez do sistema do laceiro municipal
Por todo o exposto,

SOLICITAMOS AO PLENO DO CONCELLO DE VIGO:
Baixo os criterios que substancian esta emenda á totalidade, a DEVOLUCIÓN DA PROPOSTA DE ORZAMENTO XERAL DO CONCELLO DE VIGO PARA O ANO 2021 á Xunta de Goberno Local para a apertura dun novo período de elaboración do mesmo con criterios participativos, centrados na realidade da crise económica e social creada pola pandemia da COVID-19 na nosa cidade, e, polo tanto, cun criterio de elaboración do proxecto orzamentario coas prioridades antes descritas.