emenda á totalidade aos orzamentos municipais 2018.

10 de Novembro de 2017

En sucesivas ocasións, e especialmente no proceso de aprobación dos orzamentos do Concello de Vigo para os anos 2016 e 2017, o Grupo Municipal da Marea de Vigo ten denunciado a inexistencia dun traballo previo e sistemático de participación cidadá na configuración das propostas orzamentarias. Non se trata de escoitar e filtrar as propostas que chegan de diversos sectores sociais, económicos, culturais, deportivos, etc da cidade senón artellar ferramentas e metodoloxías que inviten a cidadanía a coñecer os orzamentos da súa cidade e tomar parte activa na decisión de investimentos para os seus barrios.

Deixámosvos aquí o texto completo de emenda á totalidade da Marea de Vigo:

icono-orzamentos

Clic aquí para ler a Emenda á totalidade aos Orzamentos do Concello para o 2018 da Marea de Vigo.