EMENDAS AO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA 63/2020
Neste ano 2020 os factores derivados da crise COVID-19 e a súa incidencia na nosa economía teñen obrigado ás administracións públicas a adoitar unha serie de medidas correctoras ante unha crise con incidencia económica imprevista e de alcance temporal aínda impredecible. Por este motivo, fronte a anteriores criterios de contención do gasto e a investimento público, a Comisión Europea, por exemplo, ten suspendido o o Pacto de Estabilidade e Crememento no tocante aos obxectivos marcados pola regra de gasto para os anos 2020 e 2021.
Análogamente no Estado español dende o inicio da crise, téñense articulado normativas para que as administracións poidan facer fronte ao impacto económico e social da COVID-19: Real Decreto 8/2020 do 17 de marzo que permite, por exemplo, empregar aos concellos o superávit orzamentario de 2019 para o financiamento de “gasto social” e das IFS., Real Decreto 11/2020 do 31 de marzo que individualiza o límite do importe que pode destinarse a IFS do 20% (posteriormente do 7%), o Real Decreto 27/2020 do 4 de agosto que prorroga o destino do superávit a IFS e as financiadas co superávit de 2018, e, especialmente o importante, regula a aplicación do remanente de tesourería para gastos xerais de 2019.
A recente votación no Congreso dos Deputados e Deputadas da aplicación das regras fiscais en 2020 e 2021 que deixa sen efecto os obxectivos de estabilidade e a regra de gasto, supón unha oportunidade para que os Concellos poidan tomar decisións para destinar os remanentes xerados durante os anos de austeridade a políticas de gasto e investimento, feito que se nos traslada agora por parte do Goberno local coa proposta de modificación orzamentaria para empregar parte deste remanente (neste caso 33 millóns de euros).
Entendendo como necesaria e urxente a modificación proposta, e entendendo que a votación do Congreso xa habilita a aplicación da medida sen necesidade de norma algunha para desenvolvelo, Marea de Vigo si considera que as prioridades de gasto que se propoñen nesta modificación distan de ser as prioridades dunha administración que establece medidas para paliar os efectos da crise da COVID-19 na cidade de Vigo, centrando a práctica totalidade destes recursos en proxectos de obra pública de urxencia discutible e de prioridade cando menos cuestionable.
O propio Ministerio de Facenda indicou o 30 de setembro deste ano que “la decisión del gobierno permitirá que los ayuntamientos puedan recurrir a sus remanentes de tesorería para colaborar así en la reconstrucción económica y social” e clarifica “Con esta medida se dotan de mayor margen a la administración para combatir las consecuencias económicas de la pandemia, ofrecer apoyo a las empresas y ciudadanos y sentar las bases de la recuperación”.
Con este criterio, nada nin ninguén impedía ao Goberno local de Vigo empregar gran parte deste recurso “novo” para a creación de axudas ao sector do comercio e hostalería, completar o catálogo de política social, axudas ao sector cultural, a soster e evitar a quebra da oferta veciñal das AAVV e a actuacións de obra pública verdadeiramente urxentes, cuestións ás que este Grupo municipal quere referirse nesta proposta de emendas aos empregos finais dos 33 millóns de euros previstos. Tería sido, iso si, oportuno que no proxecto de PXE do 2021 existise unha modificación expansiva das taxas de reposición de emprego público para poder ter dotado de máis persoal aos xa exiguos cadros de persoal das administracións públicas para que gran parte deste remanente puidese paliar a evidente falla de traballadoras e traballadores públicos no noso concello.
En todo caso, fundamentamos a nosa proposta nos seguintes aspectos:
1. URXENCIA DOS PROXECTOS PROPOSTOS: É discrepable que as humanizacións e actuacións previstas sexan “proxectos non demorables no exercicio seguinte” e que sexa absolutamente prioritario abordalas xa, e especialmente neste contexto de crise, cando estamos ante rúas e elementos urbanos que levan moitos anos coas mesmas redes de auga e saneamento, coas mesmas iluminacións e que curiosamente algunhas foron anunciadas xa fai varios exercicios orzamentarios sen acometelas finalmente.
É obvio que, polo tanto, priorizar precisamente agora, cunha crise paralizante da economía e cunha incidencia nos niveis de exclusión social e pobreza na cidade galopantes, a urxencia de rúas e proxectos como a peonalización da Praza Elíptica (con máis de 2 millóns de euros), que nin de lonxe é un espazo urbano degradado, ou a cubrición dun elemento ornamental como é un tranvía. É un erro grave e son exemplos do que denominamos actuacións aprazables para priorizar o gasto nos usos que corrixan a situación de emerxencia económica e social provocada pola COVID-19.
2. DESTINO DOS RECURSOS EXCLUSIVAMENTE A INVESTIMENTOS FINANCEIRAMENTE SOSTIBLES: Nin no expresado polo Ministerio de Facenda, nin na realidade dos modificatorios que están a aprobarse en numerosos concellos do estado figura esa aseveración do destino único dos remanentes a Investimentos Financeiramente Sostibles. Coa salvedade de manter o criterio de “estabilidade orzamentaria”, (que xa podería motivar empregar só 33 dos 73 millóns existentes na tesourería municipal) o expresado polo Ministerio de Facenda o pasado mes de setembro é claro: “este acuerdo pretende combatir las consecuencias socioeconómicas de la pandemia mediante medidas de apoyo y protección destinadas a las empresas y los hogares, promover el crecimiento, sentar las bases de la recuperación económica y social y diseñar un marco de colaboración y entendimiento entre las administraciones para salir de la crisis.” Cómpre dicir que tanto do superávit de 2018 e 2019 como dos 18 millóns de euros do remanente de tesourería empregados en modificacións de crédito aprobadas con anterioridade a esta, os usos dos mesmos foron dispares e non únicamente orientados a este tipo de actuacións de obra pública.
En base ao exposto, o Grupo Municipal da Marea de Vigo propón as seguintes modificacións dos empregos do importe total do remanente líquido de tesourería da modificación orzamentaria proposta, entendendo que hai proxectos que, aínda que importantes e necesarios, poden ser perfectamente financiados cos recursos do Orzamento para o 2021, mesmo ser financiados coa participación do Concello nos fondos europeos que este ano van ser consignados ás entidades locais (caso por exemplo do antigo edificio da EDAR de Coruxo ou o proxecto de vía verde a Samil que serían bos candidatos a financiarse con recursos europeos).
Consideramos entón que os seguintes proxectos poden ser postergados para priorizar a cobertura económica e social dos efectos da crise da COVID-19 na economía e as familias da cidade propoñendo eliminar os seguintes empregos:
PARTIDAS A MINORAR
-
XESTOR
PROGRAMA
PARTIDA
PROXECTO
EMPREGO
IMPORTE
FOMENTO
1532
2270660
Redacción proxectos d novas humanizacións
550.000,00
FOMENTO
1532
6090058
20153258
Cubrición e protección Tranvía Castelao
123.914,14
FOMENTO
1532
6190061
20153261
Human. G.Barbón (Ros.Castro-I.Peral)
2.197.043,98
FOMENTO
1532
6190065
20153265
2º Fase Integración Urbana Vía Verde
2.967.996,94
FOMENTO
1532
6190094
20153294
Obras de mellora túnel de Beiramar
1.500.000,00
DEPORTES
3420
6320061
20342061
Mellora Céspede e iluminación C.Fútbol Bao
642.434,46
DEPORTES
3420
6320062
20342062
Mellora campo de fútbol Sta. Mariña
499.908,29
PATRIMONIO
9330
6320060
20933060
Mellora do edificio P. Central Sta.Cristina
426.116,78
PATRIMONIO
9330
6320061
20933061
Reforma antigüa Edar para auditorio
901.806,28
PATRIMONIO
1532
6190093
20153293
Humanización Rúa Romil
1.230.000,00
FOMENTO
1539
6190060
20153960
Peatonalización Praza Eliptica
2.320.000,00
FOMENTO
1539
6090063
20153963
Vigo Vertical, Ascensor Urzaiz Vialia
450.000,00
FOMENTO
1539
6090064
20153964
Vigo Vertical, accesibilidade T. de Vigo-Aragón
900.000,00
FOMENTO/elec
1650
6190060
20165060
Iluminación Parque Castrelos
622.680,74
FOMENTO/elec
1650
6190061
20165061
Plan de eficiencia enerxética
2.551.133,15
FOMENTO
1539
6190061
20153961
V.Vertical, Esc. Mecánica Rúa Talude
750.000,00
FOMENTO
1539
6190062
20153962
V.Vertical, Esc. Mecánica ao C. S. Teis
1.300.000,00
XARDINS
1710
6190061
20171061
Acondicionamento Torreiro Valadares
237.277,80
TOTAL A MODIFICAR
20.170.312,6
PARTIDAS DE NOVA CREACIÓN:
1. LIÑAS DE AXUDAS AO COMERCIO LOCAL E AUTÓNOMOS.
IMPORTE A INCREMENTAR: 10.000.000 millóns de euros
Explicación da partida proposta:
Vigo actualmente é unha cidade onde o gasto orzamentario orientado ao comercio local é moi escaso. Na propia memoria do Orzamento actual para este 2020, nos investimentos iniciais figuran consignadas cantidades moi escasas, polo que, se ben é certo que hai plans de emprego orientados ao sector do comercio (por exemplo o programa de emprego con dotación para persoas emprendedoras e PEMES que é cofinanciada con fondos DUSI de 400.000 euros e programas que poderían identificarse con medidas para o pequeno comercio local), o realmente constatable é que as partidas directas de investimentos son escasas. Nesta situación consideramos que o Concello de Vigo ten que artellar axudas directas e actuacións orientadas a paliar os efectos que a crise da COVID-19 está a provocar no comercio e na pequena empresa local.
Se tomamos como referencia a análise que a propia memoria orzamentaria para 2020 realiza segundo a área funcional de gasto, os datos son máis ilustrativos porque dos 267.723.072,38 millóns de euros do orzamento para 2020, 6.185.986 é o que se adica a Comercio e Turismo, e dicir, o 2,3% do orzamento. Partida que ademais inclúe as subvencións ás liñas aéreas e á campaña de Nadal, polo que o orzamento con destino finalista ao pequeno comercio queda completamente minguado.
As axudas que propoñemos van na líña que moitos concellos están habilitando para as persoas autónomas e pequenos comercios e que simplifican os procedementos ante a urxencia da situación xerada polo COVID-19 e o brutal impacto que está tendo na economía local sen entrar a discutir a cuestión das competencias en materia de comercio, que obviamente poden ser compartidas e priorizadas nunha situación de emerxencia como a que estamos a vivir. Obviamente terán que estar circunscritas a actuacións e coberturas concretas:
Pago alugueiro locais comerciais, naves, etc
Cobertura de gastos comúns como: seguros, electricidade, auga, teléfono e internet.
Mantemento e mesmo creación de emprego no sector.
Implantación de melloras comerciais (tecnolóxicas, plataformas venta comercio local, etc….).
Estas serán sempre complementarias ás que habiliten outras administracións.
A nosa proposta segue a ser a mesma que foi formulada durante o estado de alarma e o proceso de desescalada e que foi remitida ao Goberno local. Realización en colaboración coa guía ARDÁN da Zona Franca e cos datos reais do IGE dun censo real das persoas autónomas en Vigo (en 2019 tiñamos 18.358 traballadores e traballadoras por conta propia) que sosteñen un negocio con persoas empregadas. Unha vez feito propoñemos unha axuda directa de 1.000 euros a autónomos/as con empresas que tiveron que pechar polas sucesivas actuacións gubernativas dende a declaración do estado de alarma ate as medidas máis recentes de reducións de aforos da administración autonómica. De existir crédito ampliaríase a autónomos/as e profesionais sen negocio físico nin persoas empregadas. Estas axudas poderán complementarse establecendo criterios de mantemento de emprego ou número de persoas empregadas ou criterios semellantes.
2. LIÑAS DE AXUDAS ESPECÍFICAS AO SECTOR HOSTALEIRO.
IMPORTE A INCREMENTAR: 5.000.000 millóns de euros
Explicación da partida proposta:
Os recentes peches no sector hostaleiro local van ter un impacto evidente no emprego na nosa cidade, ao ser un sector de altos volúmenes de emprego e cunha estacionalidade nos contratos que deixará fóra dos ERTES a unha parte substancial dos traballadores e traballadoras do sector. Propoñemos, en base ao que se ten plantexado en outras administracións unha liña de axudas ao sector centradas en:
Axudas directas análogas ás axudas propostas ao comercio local mais, ante a evidencia do peche durante alomenos un mes dos negocios hostaleiros (feito que de momento non está a suceder no sector do comercio) propoñemos unha maior cuantía nas axudas derivadas para o pago de alugueiros e custos fixos dos negocios. Isto é unha axuda non inferior a 2.000 euros por negocio e complementarias das axudas que poidan recibir doutras administracións.
Plan de emprego municipal específico para a recolocación do persoal afectado polo peche do sector hostaleiro noutras actividades relacionadas coa administración local ou os servizos públicos.
Campañas públicas que poidan ser de axuda á hostalería: dinamización cultural e artística en rúas, axudas de promoción publicitaria, “concursos de tapas”, rutas gastronómicas na propia cidade, etc…
3. INCREMENTO DOS RECURSOS EN MATERIA DE SERVIZOS SOCIAIS
IMPORTE A INCREMENTAR: 1.520.312
Explicación da partida proposta:
Considerando que o RD do 17 de marzo xa autorizaba un incremento do uso do superávit polos Concellos para atención social (establece que as corporacións locais dispoñen dunha cantidade de igual contía do superávit do exercicio 2019 para financiar as axudas económicas e todas as prestacións de servizos xestionadas polos servizos sociais de atención primaria e atención á dependencia que veñen recollidas no Acordo do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, do 16 de xaneiro de 2013, que recolle o Catálogo de Referencia de Servizos Sociais) e ante a evidencia de que coa aparición do Ingreso Mínimo Vital están a garantirse ingresos a familias, o que pretendemos con esta partida e ampliar o catálogo de axudas sociais máis aló das AEFAS e doutras axudas de emerxencia que se habiliten por parte do Concello. Agora trátase de sumar recursos do remanente aos xa empregados do superávit de 2019 en base a:
Programa de alugueiros sociais e programa de hostais acolledores para ter solución habitacional urxente para un ano 2020 e 2021 que pode ser especialmente complexo en canto a desafiuzamentos e para as persoas en situación de rúa.
A pesar de que a nova lei autonómica obriga a cofinanciar escolas infantís e os recursos educativos dispoñibles a nivel municipal están a deitarse nese sistema inxusto de cofinanciamento, esta partida debería servir para deseñar un Plan de apertura de escolas infantís e centros de día municipais que priorice os barrios en base a realidade socioeconómica dos mesmos para que se garanta no proxecto de investimentos dos Orzamentos Municipais xa do 2021 a apertura de máis centros que completen a falla de prazas en escolas infantís e centros de día xa endémica na cidade.
4. CULTURA E PLAN DE AXUDAS AO SECTOR CULTURAL DA CIDADE
IMPORTE A INCREMENTAR: 800.000
Explicación da partida proposta:
Foron reiterados os chamados do sector cultural da cidade a habilitar axudas en réxime de concorrencia competitiva, programas específicos e asesoramento para proxectos culturais abocados a permanecer pechados ou con serias limitacións de difusión e aforo. O sector cultural leva dende marzo nunha situación de permanente cancelación de eventos e cunha incerteza do que pode acontecer nos vindeiros meses. A programación, esencial no sector, non pode nin prepararse nin garantizarse incluso para aquelo xa contratado ante a incerteza da evolución da pandemia na nosa cidade. Urxe polo tanto comenzar xa con recursos deste remanente e completar cunha aposta decidida polo sector nos orzamentos municipais para o 2021.
Propoñemos en base a esto que esta partida artelle as seguintes medidas:
O concello debe habilitar un procedemento non excluínte para garantir que cando a actividade cultural e artística na nosa cidade estea operativa ao 100% de novo, exista un sector local para levalo adiante. Como o mesmo sector demandaba asesoramento ante a complexidade de axudas que se abriron coa situación COVID-19, as novas normativas estatais e autonómicas deberían ser motivo para a apertura dunha oficina de consulta municipal que tanto permita a orientación ao sector como pactar a non suspensión das actividades contratadas, negociando a súa reubicación programable a futuro e mesmo acordar o pago anticipado dunha porcentaxe do custo das mesmas, tal e como permite o Real Decreto 21/2020.
Creación dunha plataforma de actividades culturais online, onde o Concello de xeito remunerado contrate diversa actividade artística e cultural e garanta a participación da administración como mecenas completando aforos e divulgando online a actividade.
Liñas de axudas para o pago de alugueiros de espazos culturais (teatros, coworkings, salas de exposicións, locais de música en directo) así como para os pagos de custos fixos do mantemento dos mesmos.
Partida económica para garantir que no programa das Festas de Vigo sexa garantida a presenza alomenos nun 60% da programación de compañías de teatro, bandas musicais e actuacións culturais de ámbito local.
5. CAMPAÑA DE IMPULSO DO COMERCIO DE PROXIMIDADE
IMPORTE A INCREMENTAR: 500.000 EUROS
Explicación da partida proposta:
Impulso ao comercio de proximidade e medidas relacionadas coa organización, fidelización e mellora do comercio local que responda as necesidades do pequeno comercio. Concreción de campañas de sensibilización e comunicación que poñan en valor as vantaxes do pequeno comercio: trato, calidade, localización, horarios, etc. Se algo amosou esta crise foi a necesidade dun trato humano e directo, da necesidade das “tendas de toda a vida” que coñecen á veciñanza e mesmo establecen mecanismos de solidariedade (fiar compras, axuda alimentaria…).
Con este tipo de campañas preténdese visibilizar este “trato humano”, que a oferta do comercio na contorna conecta á veciñanza co comercio de proximidade e posibilitan poñer en valor a súa oferta. Propoñemos a realización dunha campaña anual de sensibilización e promoción do comercio de proximidade, eventos concretos como “noites brancas”, premios do comercio local, xornadas de portas abertas “coñece o comercio do teu barrio”.
6. CAMPAÑA DE FIDELIZACIÓN E MODERNIZACIÓN TIC NO COMERCIO LOCAL
IMPORTE A INCREMENTAR: 200.000 EUROS
Explicación da partida proposta:
Accións de fidelización do comercio local. Posibilidade de empregar a PASSVIGO como tarxeta de fidelización no comercio e hostalería local. Axudar dende o Concello a manter no tempo estratexias de fidelización; fidelización que valore non só a relación puntual negocio-cliente senón o construír unha vinculación que faga ter ao comercio de proximidade como referente para a compra de produtos ou servizos de todas as familias viguesas. Incluso a creación dunha “moeda local comercial” que xa funciona de xeito eficaz en moitas cidades do Estado.
Creación de sistema de bonos regalo para mercar no comercio local.
Potenciación dende o Concello de do uso das TIC´s como instrumento de axuda ao desenvolvemento do comercio de proximidade, tanto na xestión como na difusión. Poden facilitar de xeito interesante que pequenos negocios que non teñen web, nin usan as redes sociais poidan ter unha vantaxe fronte a plataformas online ou grandes centros comerciais poñendo en valor a proximidade e o servizo postventa inmediato.
Desenvolvemento dunha web “Made in Vigo” que poña en valor o activo comercial, hostaleiro, cultural e comercial da nosa cidade, con estreita vinculación ao Turismo pero tamén á persoa consumidora interna da cidade.
Establecemento con axuda do concello de puntos de recollida de compra en liña procedente do pequeno comercio da cidade, tanto en punto físico como en envíos a domicilio no ámbito local.
7. PLAN DE EMPREGO E FORMACIÓN NO COMERCIO LOCAL E HOSTELERÍA
IMPORTE A INCREMENTAR: 450.000 EUROS
Explicación da partida proposta:
Formación para o comercio local que teña como base os plans de emprego municipais (teñen que servir tamén para formar a máis e mellores traballadores e traballadoras do comercio, hostalería, servizos, etc…)
8. PLAN DE ACTUACIÓN MUNICIPAL DE OBRAS URXENTES
IMPORTE A INCREMENTAR: 1.000.000
Explicación da partida proposta:
Antes de plantexar actuacións como humanizacións que na súa maior parte recaen no ámbito urbano da cidade, propoñemos abordar cos recursos desta modificación orzamentaria actuacións urxentes que foron advertidas reiteradamente pola cidadanía sen resposta por parte do Goberno local. Entre elas:
– Reparacións viarias de urxencia no barrio de Teis, denunciadas pola AAVV en numerosas ocasións e que actualmente comprometen a seguridade de persoas e vehículos.
– Reparación Urxente do muro co camiño Freixeiro que se atopa apuntalado dende hai máis dun ano.
– Reparacións no firme na rúa Cesáreo Vázquez.
– Limpeza do Rego do Vao afectado dende o recheo do Club de Campo en Coruxo.
– Muro de contención no camiño vello de Fragoselo en Coruxo.
– Ampliación e reparacións do albergue de peregrinos de Saiáns.
– Cubrición da pista deportiva do centro cultural de Zamáns.
– Habilitar beirarúas nos viáis de Cidans, Igrexa e Vilaverde en Zamáns.
– Mellora do sistema de canalizacións no camiño Mide en San Miguel de Oia.
– Sustitución da tubería de abastecemento da Estrada de Vilar.
– Redacción de proxecto de restauración do Pazo da Raposeira en Sárdoma.
– Proxecto completo de remodelación e valorización do Parque Móbil de Santa Cristina (as sucesivas reparacións parciais como a proposta nesta modificación orzamentaria non soluciona o grave problema estructural e de utilidade do edificio municipal).
– Reparacións viarias urxentes na parroquia de Beade provocadas polo aumento notable do tráfico producido pola entrada en funcionamento do Hospital Álvaro Cunqueiro e que afecta a viais como o da Pouleira, Facho, Estrada da Venda, etc…
– Reparacións urxentes en diferentes edificios das AAVV de veciños (humidades, parquets e solos, fontanería etc..)
9. PLAN VECIÑAL PARA O DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE NAS AAVV
IMPORTE A INCREMENTAR: 500.000
Explicación da partida proposta:
O peche de actividade no movemento veciñal está causando unha seria problemática de sostenibilidade dos cursos e servizos que estas entidades realizan nos barrios e parroquias de Vigo.
Sen posibilidade en moitos casos de retomalos polas limitacións de aforo e a situación que elo implica, na que contratar persoal docente resulta imposible. Esta situación xa está radiografíada e trasladada formalmente pola Federación de Asociacións de Veciños/as Eduardo Chao, que deu denuncia pública da situación que atravesan as dúcias de asociacións federadas. É por iso que propoñemos que se artelle coa FAVEC un proxecto centrado no mantemento da actividade veciñal, a súa seguridade sanitaria e a adaptación á plataformas online do mesmo.
10. PLAN DIRECTOR PARA A CREACIÓN DUNHA REDE BIBLIOTECAS MUNICIPAIS
IMPORTE A INCREMENTAR: 200.000
Explicación da partida proposta:
Vigo é a cidade galega con menos bibliotecas municipais operativas. Se ben neste proxecto confirmase a construción da futura biblioteca de Teis, considemos urxente a redacción dun Plan Director dunha Rede Municipal de Bibliotecas e salas de estudo que conteña, ademais do proxecto de modelo bibliotecario en base a criterios reais de poboación usuaria, servizos á conter no proxecto construtivo de novas bibliotecas coa seguintes prioridade:
Garantir unha biblioteca pública municipal por cada distrito da cidade. 1 proxecto de biblioteca por cada exercicio orzamentario.
Conversión en bibliotecas de todas as salas de estudo municipais existentes.
Estudo da inclusión dunha biblioteca municipal no proxecto de recuperación da Panificadora.
TOTAL DAS 10 MEDIDAS PROPOSTAS: 20.170.312 €