emendas á proposta de ordenanzas fiscais 2020.

12 de Agosto de 2019

Propostas de emendas á proposta de ordenanzas fiscais para o vindeiro exercicio orzamentario de 2020 do Grupo municipal da Marea de Vigo-Son En Común.

Remitidas as propostas de modicacións das ordenanzas fiscais e dos prezos e taxas públicos para 2020 o grupo municipal mixto sigue a considerar que o groso da proposta de incrementos de prezos e taxas baseado para o ano 2020 ven marcado por unha suposta conxelación previa nos exercicios 2018 e 2019 que so se explica polo contexto electoral previo, e que agora, pasado o mesmo, preténdese incrementar todos os prezos e taxas de golpe tomando como referencia periodos internanuais de evolución do IPC para nós completamente arbitrarios.

O argumento de necesidade de incrementar a maioría dos prezos e taxas públicas nun 2,5% baixo o pretexto dun acordo de cálculo interanual entre abril de 2017 e maio de 2019 é para nós exemplo disto, en 2016 aplicouse un IPC dun 1,1% pero esta vez calculado pola media do mesmo entre abril de 2012 e abril de 2015), para 2017 dun 2,1%, 2,2 para 2018 e conxelación e non aplicación do mesmo criterio de evaluación interanual do IPC para 2019 (ano electoral). Se tomamos como referencia o inicio da lexislatura (maio de 2015) e maio de 2019 como inicio da nova os incrementos dos prezos e taxas públicas agregados foron dun 7,9% mentras que a evolución real do IPC foi do 3,8%.

Cálculo de variaciones del Indice de Precios de Consumo (sistema IPC base 2016)

Variación del Indice General Nacional según el sistema IPC base 2016 desde Mayo de 2015 hasta Mayo de 2019

Indice

Porcentaje(%)

Nacional

3,8

O realmente preocupante para nós é a arbitrariedade de tramos temporais na utilización do índice de variación nacional do IPC, con rangos completamente diferentes en cada exercicio fiscal e que pretenden camuflar unha evidente alza dos prezos e taxas públicos na cidade de Vigo por enriba non só do IPC senón moi por enriba dos salarios dos traballadores e traballadoras da cidade xa que a variación salarial pactada por exemplo nos convenios colectivos con efectos económicos en 2018 (últimos datos), rexistrados ate o 31 de decembro de 2018, é do 1,75% -en decembro de 2017 a variación salarial pactada foi do 1,43%-, sendo o 1,56% para os asinados antes de 2018.

Empregar como excusa a taxa de referencia de crecemento do PIB de medio prazo para 2020 (que figura no Boletín Oficial do Congreso dos Deputados do 13 de xullo de 2017) e que establece na regra de gasto para o periodo 2018-2020 unha tasa de referencia nominal anual do 2,4 para 2018, 2,7 para 2019 e 2,8 para 2020) é cando menos para nós sintomático disto, porque non se sostén a conxelación de 2019 cando o mesmo índice indicaba unha suba do 2,7 para ese ano, feito que non se produxo claramente cunha intencionalidade electoralista e pouco coherente co criterio que agora se expón para a suba impositiva para o vindeiro ano 2020.

A proposta de ordenanzas fiscais para o vindeiro exercicio orzamentario de 2020 deberían ter en conta non os efectos de políticas oportunistas de conxelación ou incremento de prezos e taxas públicas dependendo dos ciclos electorais, senón unha axeitada lectura da situación socioeconómica de Vigo e a súa comarca. O recentemente publicado informe ARDAN recoñece a perda de peso de Vigo e a súa contorna no PIB Galego, pasando de aportar o 23% en 2009 ao 17% actualmente, nun contexto de merma tamén da aportación do conxunto dos salarios á economía local. Non é un tema menor cando as taxas e prezos públicos que se presentan para 2020 aplicarán tanto a economías familiares como ao tecido do pequeño e mediano sector empresarial local que xenera máis do 80% do emprego. A persistencia da situación precaria de moitos empregos, os niveis de pobreza e exclusión social aínda galopantes, deberían ser o factor que marcara o desenvolvemento dos prezos e taxas públicos tanto no que corresponde á atención ás situacións de necesidade derivadas da actual crise económica que continúa a perpetuarse na cidade de Vigo cun moi grave problema de desemprego, e asemade no que corresponde á necesidade de que o Concello de Vigo conte cos recursos económicos suficientes para atender os servizos que presta á veciñanza.

Marea de Vigo-Son En Común sigue a denunciar a realidade (non emendada polo novo goberno do estado pese a ser unha denuncia repetida polo municipalismo progresista no anterior mandato) do marxe limitado e limitante dos concellos para decidir políticas fiscais progresivas, pero existen análogamente marxes para tomar decisións en materia de fiscalidade que se poden aplicar, dende a definición do tipo impositivo do IBI, que este ano sube un 1,1% seguindo coa escalada brutal dende hai 10 anos e aproximandose ao tope legal marcado polo Ministerio de Facenda; ate a definición de novas bonificacións, nos tributos e tasas propias.

Marea de Vigo-Son En Común considera que no contexto actual hai que acentuar as políticas fiscais que reduzan a carga impositiva ás e ós traballadores que se atopan na situación de desemprego ou precaridade e hai que pór o acento en dotar da meirande progresividade fiscal aos tributos municipais nos que é posible legalmente facelo.

Marea de Vigo-Son En Común, novamente, reclamamos aproveitar o proceso de aprobación das ordenanzas fiscais para revisar e actualizar aquelas ordenanzas que requiren facelo. Voltamos a votar en falla a proposta de modificación de ordenanzas como a de ocupación da vía pública con mesas e terrazas, modificación que se fai necesaria ante a situacion de descontrol dos espacios públicos ocupados por estos elementos e que ano tras ano se apraza. Voltamos a demandar, mesmo fixemos proposta de articulado, dunha ordenanza reguladora da concesión de subvencións públicas ademáis de rematar co proceso de aprobación da ordenanza reguladora da mobilidade sostible en Vigo que quedou sorpresivamente paralizada en 2017.

Marea de Vigo-Son En Común, en consonancia co exposto, achega as seguintes propostas para conquerir unha mellora na actual proposta de ordenanzas fiscais para 2020:

  1. EMENDAS Á MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL XERAL

  • Marea de Vigo-Son En Común propón na Ordenanza Fiscal Xeral que se contemple a figura do aprazamento sine die nos pagos fraccionados da débeda no entanto o suxeito pasivo acredite atoparse no desemprego ou non percibir ingresos superiores ao SMI.

  • Marea de Vigo-Son En Común saúda que a a Ordenanza Fiscal Xeral contemple xa a figura do aprazamento nos pagos fraccionados da débeda que xa solicitaramos en 2016 sen ter resposta positiva. Pero consideramos insuficiente un máximo de 24 meses para os criterios excepcionais que regulan o punto 3.2 e seguimos solicitando que no entanto o suxeito pasivo acredite atoparse no desemprego ou non percibir ingresos superiores ao SMI ese aprazamento sexa “sine die”. E, de xeito análogo, en todas as ordenanzas fiscais que o permitan legalmente, se introduza a progresividade mediante un índice corrector do pago que atenda á renda per capita da unidade familiar.

  • Marea de Vigo-Son En Común propón que, en todas as ordenanzas fiscais que o permitan legalmente, se introduza a progresividade mediante un índice corrector do pago que atenda á renda per capita da unidade familiar. Como proposta de traballo propoñemos o criterio de baremacion por valor catastral da vivenda e o número de fillos.

  • Marea de Vigo-Son En Común propón que, en todas as ordenanzas fiscais nas que sexa legal facelo, se contemple un tratamento impositivo favorable para as unidades familiares monoparentais en razón da súa problemática específica. Sen ánimo de exhaustividade, incorporar a figura das unidades familiares monoparentais como suxeitas beneficiarias da mesma bonificación que as familias numerosas, segundo se recolle no artigo 6 da ordenanza fiscal número 2.

  1. EMENDAS Á MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

  • Marea de Vigo-Son En Común felicitase de que se incorpore a proposta de establecer un incremento no IBI do 50% na cota líquida para os inmobles que se atopen desocupados con carácter permanente aproveitando a posibilidade que neste sentido recolle a Lei de Facendas Locais dende xaneiro de 2003 que no artigo 72.4 establece o seguinte: “Tratándose de inmuebles de uso residencial que se encuentren desocupados con carácter permanente, por cumplir las condiciones que se determinen reglamentariamente, los Ayuntamientos podrán exigir un recargo de hasta el 50% en la cuota líquida del impuesto”. Pero análogamente consideramos necesario incorporar o apartado 6 do artigo 74 da lei polo que: Marea de Vigo-Son En Común propoñemos “bonificar co 95% da cuota íntegra do imposto para os bens inmobles de uso residencial destinados a alugueiro de vivenda con renda limitada por unha norma xurídica

  • Non aplicar a exención do IBI aos bens inmobles propiedade da igrexa e non destinados ao culto.

  • Do mesmo xeito propón un sistema de bonificación do 50% da cota para as vivendas (excepto das de nova construcción) que instalaran sistemas para o aproveitamento térmico e eléctrico da enerxía solar para autoconsumo sempre e cando a instalación seña realizada polo suxeito pasivo con carácter voluntario e non responda a obligacións derivadas da normativa vixente.

  • Toda vez que xa está operativo o rexistro municipal de soares o Grupo Municipal de Marea de Vigo-Son En Común propón penalizar aos propietarios de soares urbanos consolidados que non cumpran co deber de edificar e, rebaixar o límite do valor catastral para poderen ser gravados, até co dobre da cota do IBI.

  • Na mesma dirección, Marea de Vigo-Son En Común propón penalizar aos propietarios que non conserven ós seus inmobles e provoquen a posterior declaración de ruína duplicando a taxa de declaración de ruína cando é o propietario quen a promove.

  • Propoñemos non incrementar o tipo de gravame para os bens urbanos e BICE´s (que pasan nesta proposta do 0,901% e 0,831% a 0,910%, e 0,852% ) e aplicar unha redución do tipo de gravame para os bens urbanos, rústicos e BICE´s (que aumentaron incomprensiblemente en Vigo no último lustro do 0,804 ao 0,910% para os urbanos, do 0,3% ao 0,677% nos rústicos e do 0,804% 0,852% nos especiais). A proposta de redución dos mesmos sería a súa volta aos niveis de 2013 polo que quedarían para 2020:

GRAVAME BENS INMOBLES URBANOS: 0,884%

GRAVAME BENS INMOBLES RÚSTICOS: 0,3%

GRAVAME BENS INMOBLE CARACT. ESPECIAIS: 0,804%

  1. EMENDAS Á MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE TRACCIÓN MECÁNICA

  • Non aplicar a suba do 2,5% no 2020 nas cotas anuais para turismos, autobuses, tractores, remolques e semiremolques ao igual que se vai realizar coas motocicletas e ciclomotores.

  • No tocante ao ARTIGO 6.- COTA: Proponse establecer unha redución graduada nos turismos baseada no aumento da progresividade do imposto para favorecer aos vehículos de menor potencia fiscal e polo tanto alcance a un número maior de contribuíntes. A proposta de redución é a seguinte:

Turismos

Redución proposta

Menos de 8 cabalos fiscais

-15%

De 8 ate 11,99 cabalos fiscais

-10%

De 12 a 15,99 cabalos fiscais

-10%

De 16 a 19,99 cabalos fiscais

-5%

De máis de 20 cabalos fiscais

-5%

  • No ARTIGO 4.- EXENCIÓN E BONIFICACIÓNS. Apartado 5: Proponse bonificar o 75 por 100 os vehículos da clase “turismo” ou “motocicleta” con antigüidade mínima de 25 anos.

  1. EMENDAS Á MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS

  • Non aplicar a suba do IPC proposto do 2,5% para 2020 e aplicar exclusivamente o incremento do 1,1% segundo o IPC previsto para 2020.

  • ARTIGO 6.- BONIFICACIÓNS E REDUCCIÓNS. Inclusión dunha escala de bonificacións a aquelas empresas que, obrigadas ao pago do imposto, acrediten un incremento de plantilla mediante contratación indefinida no ano anterior (a acreditar mediante presentación dos TC1 e TC2):

    • Incrementos entre o 1 e o 10%  –   20%

    • Incrementos superiores ao 10%  –  30%

    • Incrementos superiores ao 20%  – 40%

    • Incrementos superiores ao 30% –  50%

  1. EMENDAS Á MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POR DOCUMENTOS EXPEDIDOS POLO CONCELLO

  • Non aplicar a suba do IPC proposto do 2,5% para 2020 e aplicar exclusivamente o incremento do 1,1% segundo o IPC previsto para 2020.

  • Eximir do pago das copias de documentación que obre en poder do Concello (planos, informes, etc. ) ás entidades que consten inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello e non teñan ánimo de lucro.

  • Declarar exentos dos Prezos Públicos Regulados, aos membros de familias beneficiarias da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) e os acollidos a réximes protectores de carácter público análogos ao mencionado.

  1. EMENDAS Á MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLOS SERVIZOS ESPECIAIS DE ESPECTÁCULOS E TRANSPORTES.

  • Non aplicar a suba do IPC proposto do 2,5% para 2020 e aplicar exclusivamente o incremento do 1,1% segundo o IPC previsto para 2020.

  • ARTIGO 4. EXENCIÓNS. Engadir a exención do pago a aqueles servizos derivados de espectáculos ou entretemento organizado por ONGD´s sen ánimo de lucro.

  1. EMENDAS Á MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS DOS CEMITERIOS MUNICIPAIS

  • Non aplicar a suba do IPC proposto do 2,5% para 2020 e aplicar exclusivamente o incremento do 1,1% segundo o IPC previsto para 2020. Manter as taxas no tocante a servizos de concesións, renovación das mesmas, expedición de títulos, exhumacións, mantementos e limpezas.

  1. EMENDAS Á MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLA RECOLLIDA DO LIXO.

  • ARTIGO 4 BENEFICIOS FISCAIS. (novo punto 2): Estarán exento de pagamento da taxa de lixo da vivenda que constitúa a residencia habitual do solicitante cando este sexa beneficiario da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) ou de réximes protectores de carácter público análogos ao mencionado. (xustificación: trátase de simplificar o proceso administrativo para este colectivo de persoas evitando as casuísticas e procedementos descritos no artigo 4)

  • ARTIGO 5 COTA. PUNTO 2 ESTRUTURA TARIFARIA: proponse escalado da cota anual de VIVENDA en base á superficie da vivenda e de acordo cos seguintes tramos:

Tamaño vivenda                                   Cota                                            % cota anual

VIVENDAS ATE O 90 m3                       68,04€                                         80%

VIVENDAS DE 91 m3 A 150 m3           76, 54 €                                       90%

VIVENDAS DE 151 m3 a 300 m3         85,05€                                         100%

  1. EMENDAS Á MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS SERVIZOS DE DESINFECCIÓN E DESRATIZACIÓN

  • Non aplicar a suba do IPC proposto do 2,5% para 2020 e aplicar exclusivamente o incremento do 1,1% segundo o IPC previsto para 2020

  1. EMENDAS Á MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.

  • Non aplicar a suba do IPC proposto do 2,5% para 2020 e aplicar exclusivamente o incremento do 1,1% segundo o IPC previsto para 2020

  1. EMENDAS Á MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS DO SERVIZO DE ESCOLAS DE PRIMEIRA ETAPA DE EDUC. INFANTIL

  • Non aplicar a suba do IPC proposto do 2,5% para 2020 e aplicar exclusivamente o incremento do 1,1% segundo o IPC previsto para 2020

  1. EMENDAS Á MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

  • Non aplicar a suba do IPC proposto do 2,5% para 2020 e aplicar exclusivamente o incremento do 1,1% segundo o IPC previsto para 2020

  • Marea de Vigo-Son En Común propón o establecemento dunha exención total, na ordenanza número 52, pola utilización de instalacións deportiva, a todas as asociacións deportivas que traballen con menores de idade e que estean radicadas en Vigo, ao obxecto de fomentar o deporte de base no noso concello.

  • Declarar exentos dos Prezos Públicos Regulados, aos membros de familias beneficiarias da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) e os acollidos a réximes protectores de carácter público análogos ao mencionado.

  • ARTIGO 5. EXENCIÓNS NOS PREZOS. Engadir a exención no caso de clubes deportivos promovidos polas ANPAS dos centros públicos escolares de Vigo.

  1. EMENDAS Á MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS DE VIGOZOO

  • Non aplicar a suba do IPC proposto do 2,5% para 2020 e aplicar exclusivamente o incremento do 1,1% segundo o IPC previsto para 2020

  • Declarar exentos dos Prezos Públicos Regulados, aos membros de familias beneficiarias da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) e os acollidos a réximes protectores de carácter público análogos ao mencionado

  1. EMENDAS Á MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS DA RETIRADA E CUSTODIA DE VEHÍCULOS

  • Non aplicar a suba do IPC proposto do 2,5% para 2020 e aplicar exclusivamente o incremento do 1,1% segundo o IPC previsto para 2020