peticion comision investigacion auditorio mar de vigo

7 de Outubro de 2016

En base o artigo 35.2 do Regulamento Orgánico do Pleno, solicito a apertura dunha Comisión Especial de Investigación sobre o Auditorio Mar de Vigo e todos os contratos, convenios, actividades ou calquera tipo de intervención existente no presente e pasado entre este concello e a empresa Pazo de Congresos S.A., así como calquera vínculo que poida existir, no presente e no pasado, en calquera aspecto, entre todos os actores que forman parte da mesma e o Concello en todas as súas áreas ou seccións.