moción aparcadoiro hospital alvaro cunqueiro. agosto 2015

31 de Marzo de 2016

O novo Hospital Álvaro Cunqueiro está situado nunha zona que non sofre dunha elevada densidade de construccións que poidera limitar os metros cadrados de aparcadoiros dispoñibles para usuarios/as e traballadores/as como parte do servizo público que supón a sanidade.
Neste contexto, o cobro polo aparcadoiro é unha mostra de acumulación por desposesión, beneficiando exclusivamente ás concesionarias, e prexudicando economicamente aos traballadores/as e usuarios/as do hospital, sen poder ser xustificado doutro xeito.
Pagar por aparcar no aparcadoiro do hospital supón imposto á enfermidade co que se estaría a gravar aos enfermos/as e ás súas familias, e equivale no caso dos traballadores e traballadoras a un recorte significativo na súa nómina.
Por todo o exposto anteriormente, instamos ao Concello de Vigo a utilizar as súas competencias de administración local para que de forma subsidiaria:

.  Proporcione unha alternativa para aparcar no Novo Hospital Álvaro Cunqueiro que sexa totalmente gratuita estudando se fose necesaria a de adquisición de terreos municipais para resolver a actual situación que están a padecer os veciños e veciñas de Vigo e a súa área de influencia.