moción apoio marchas da dignidade

4 de Abril de 2016

Sendo conscientes da situación dramática que está a sufrir a maioría social. A chamada crise económica lonxe de rematar chegou para quedarse, por moito que algúns utilicen certos indicadores económicos para aparentar unha mellora que nada ten que ver coa realidade nin cos sectores populares.

Dita situación de emerxencia social derivada da crise estructural, desde fai anos afecta sin distincións a unha maioría social que é agredida por diversas vías; o desemprego, os recortes sociais, os desafiuzamentos, as privatizacións, ou o desmantelamento dos sectores productivos tradicionais. Todas e todos estamos sendo golpeados, desde os pensionistas ata a xuventude que ten que emigrar, pasando pola clase traballadora, o sector pesqueiro, o pequeño comercio ou os pequenos propietarios do campo, como acabamos de observar no conflicto do sector leiteiro.

Polo exposto, instamos a esta corporación municipal a adoptar o seguinte

ACORDO

Apoiar a mobilización convocada polas Marchas da Dignidade prevista para o próximo día 24 de outubro na Praza do Obradoiro en Compostela, e facer un chamamento os veciños e veciñas deste concello a participar na mesma.