moción a favor da liberalización das patentes das vacinas contra a covid.

26 de Maio de 2021

A pandemia por COVID-19, con 158 millóns de persoas infectadas e 3,8 millóns de mortos Segundo as
últimas estatísticas, é unha das crises de maior impacto sanitario e socialdo ultimo século.
O acceso ás vacinas no Estado español é, en principio, universal, nunha campaña baseada en criterios
epidemiolóxicos. Non obstante, os grandes centros de vacinación, que poden ser de utilidade para
chegar a unha parte importante da poboación, supoñen dificultades de acceso a determinado tipo de
poboación como as persoas maiores ou a quen viven nas zonas rurais, se carecen de medios de
transporte. En ocasións, os insuficientes medios, como a finalización das contratacións Covid-19 e a falta
de novas contratacións, dificultan a planificación da vacinación e o cumprimento dos obxectivos no
tempo estipulado.
O acceso universal ás vacinas tamén se ve minguado pola dificultade de acceso, seguemento e control
das persoas inmigrantes. Este feito supón un problemade saúde, non só para estas persoas, senón para
a poboación en xeral, posto que na eficacia da campaña de vacinación inflúe o número total de
poboación vacinada, xa que a enfermidade e o seu contaxio non entende de nacionalidades ou
fronteiras.
A carreira pola vacinación, para protexer no menor tempo possible ao maior número de poboación,
converteuse na estratexia prioritaria, se ben a falta de vacinas contra a covid-19 e o incumprimento dos
contratos de suministro, está sendo un gran problema a nivel europeo. Ademais, existe unha grave
faltade vacinación nos países empobrecidos, froito da utilización das vacinas como unha mercadoría
máis e, nalgúns deses países, como paradoxo, son grandes produtores de vacinas. Dende o noso punto
de vista, é prioritario que este tipo de políticas de vacinación da poboación se leven a termo non só nos
paíes do Norte, senón tamén que se exerza a solidariedade co resto de países cuxa taxa de vacinación
é moitísimo máis baixa.

A extension da covid-19 converteuse nun problema que afecta especialmente ás zonas máis pobres do
mundo: países de renta baixa ou en conflito que nin sequera teñen a capacidade de realizar contratos
coas farmacéuticas para disport das vacinas, o que deriva nunha discriminación no acceso á sanidade e
aos medicamentos marcada pola súa capacidade económica e non pola necesidade ou afectación da
pandemia.
Ata que Estados Unidos non propuxo a liberalización das patentes das vacinas do coronavirus, a Unión
Europea non tivo en conta a saúde das persoas dos paísesdo sur como un obxectivo prioritario. É,
entón, cando gran parte da sociedade comezou a tomar conciencia da necesidade de intervir no resto do
Mundo como forma de previr a transmisión de enfermidades en Occidente.
Este feito prodúcese nun contexto no que unha parte importante da poboación de Estados Unidos e
Europa está xa vacinada. Ata ese momento, ambas potencias posicionáranse contra a liberalición das
patentes, caíndo incluso en dificultades de suministro debido á estratexia egoísta das farmacéuticas e as
oscilacións do Mercado. Agora ben, a liberación das patentes por si mesma, sen ter en conta outros
factores, coma os suministros e a posta en común da información que teñen no seu poder os laboratiors
para pór en práctica unha fabricación masiva, non funcionará. É importante, ademais de liberar as
patentes, exercer un control e unha distribución xusta e equitativa sobre as materias primas, para evitar
unha batalla entre laboratorios na cadea de suministros.
Neste contexto, as empresas farmacéuticas mantiveron a súa práctica habitual de controlestricto sobre
os dereitos de propiedade intelectuale de monopolios sobrevacinas e tratamentos, malia a grande
inversion pública realizada na investigación básica e no desenvolvemento das vacinas, sen as que non se
descubrirían as vacinas contra a enfermidade en pouco máis dun ano.
Os dirixentes da Unión Europea decidiron financiar con cartos públicos á Big Pharma e, ao mesmo
tempo, permiten a determinadas empresas farmacéuticas manter a exclusividade das patentes, é dicir, a
propiedade intelectual, o que impide a produción masiva de vacinas por parte dos Estados. Anteponse,
así, o beneficio multimillonario das empresas ao interese xeral e á produción masiva dun medicamento
esencial.
A defensada industria privada fronte ao benestar dos cidadáns é un comportamento que casa coa
tendencia neoliberal que domino a forma de xestionar diferentes crises. A Comisión Europea, en épocas
non moi afastadas no tempo, defendeu a redución do gasto público para todos os países. Non obstante,
tamén se escoitaron voces contrarias a esta proposta, como a do eurodeputado Marc Botenga, quen
denunciaba que, malia Europa ter financiado con cartos públicos as vacinas, a propiedade intelectual é 100% propiedade da empresa privada, o que permite que a farmacéutica controle e decida sobre a
produción e o número de doses.
O Parlamento Europeo visibilizou esta problemática, xa que 115 eurodeputados propuxeron á Comisión
Europea e aos membros do ADPIC (Acordo sobre os aspectos dos Dereitos de Propiedade Intelectual
relacionados co Comercio), da OMC (Organización Mundial do Comercio), que todos os países poidan
producir vacinas. Existen, ademais, varias iniciativas no seo da Unión Europea, como a Righ2Cure,
organizacións sanitarias como Medicus Mundi, a Federación de Asociacións en Defensa da Sanidade
Pública, Asociacións polo acceso a Medicamentos Xustos, Plataforma de afectados pola Hepatite C ou
Farmamundi e multitude de científicos e expertos.
A estratexia Covax, promovida tamén pola Organización Mundialda Saúde (OMS), xunto á Coalición para
a Promoción de Innovacións en pro da Preparación ante Epidemias (CEPI) e a Alianza Global para as
Vacinas, para suministrar vacinas aos países de rendas máis baixas tamén se está demostrando
insuficiente debido ao acaparamento das vacinas por parte dos países ricos.
Polo exposto, o Grupo Municipal Mixto (Marea de Vigo) presenta ao Pleno para a súa
aprobación se procede os seguintes:
ACORDOS:
1.- O Pleno do Concello de Vigo manifesta que o dereito á atención sanitaria en igualdade de condicións
é un dereito prioritario, antepoñendo a súa garantía ao beneficio privado; polo que as vacinas e os
tratamentos contra as pandemias deben considerarse un ben público de acceso universal. Polo que os
dereitos de propiedade intelectual, incluídas as patentes, e o control das materias primas, non deben
dificultar a accesibilidade ou a disponibilidade de calquera vacina ou tratamento para a Covid19.
2.- O Pleno do Concello de Vigo insta ao Goberno español a manifestar clara e explicitamente o seu
apoio á exención de patentes de vacinas e promover e defender, por todos os medios, dita exención en
todos os organismos europeos e mundiais, así como o reparto xusto das mesmas e un control sobre os
suministros de materias primas.
3.- O Pleno do Concello de Vigo insta ao Goberno central e á Xunta de Galicia a reforzar as políticas
europeas comúns en materia de saúde, normalizando as fórmulas estatísticas e establecendo políticas
comúns obrigatorias de forma continua. Con tal obxe tivo, solicítase ao Goberno do Estado que pida á Unión Europea: “Dotar ao Centro europeo de control de enfermidades e políticas sanitrias de funcións de
coordinación que resulten de obrigado cumprimento para os Estados Membro. Este organismo debe ter
funcións de coordinación cos diferentes centros nacionais de epidemioloxía, converténdose, así, nun
Centro europeo de epidemioloxía e control de pandemias.”
4.- O Pleno do Concello de Vigo insta á Unión Europea a sumarse á solicitude de apertura de patentes
levada a cabo por India e Sudáfrica no seo da OMC, de cara a liberalizar as aptentes das vacinas anticovid19
mentres dure a pandemia, co obxectivo de facilitar a produción destas vacinas por parte dos
Estados.
5.- O Pleno do Concello de Vigo insta a esixir, no seo da Unión Europea, a que se inste á Axencia
Europea do Medicamento a tomar unha decisión de forma inmediata sobre a autorización de todas as
vacinas contra a Covid19 dispoñibles, co obxectivo de salvar o maior número de vidas posible e, deste
xeito, evitar que a enfermidade se convirta en endémica.
6.- O Pleno do Concello insta á Xunta de Galicia a garantir o acceso en Galicia a todas as persoas en
igualdade de condicións, conforme a criterios científicos. Facilitar, con tal obxectivo, o acceso sinxelo aos
habitantes do medio rural, fomentando a vacinación nos seus centros de saúde próximos ou no seu
domicilio, cando non sexa posible mobilizar á persoa, mediante a contratación de persoal suficiente para
garantir a campaña de vacinación sen saturar o persoal sanitario.