mocion pleno agosto 2016. defensa laboratorio municipal

31 de Agosto de 2016

O Concello de Vigo, conta, dende máis de 100 anos cun Laboratorio Municipal, único en Galicia, cuns niveles, tanto profesionais como en infraestruturas comparables ós laboratorios de grandes cidades.
Este laboratorio público ademais , é o único co que contamos na zona do sur e o leste de Galicia, posto que, dende o 2013, a xunta levou a cabo a centralización dos laboratorios deixando soamente como Laboratorio de Saúde Central o laboratorio de Lugo.
O que resulta, por razóns obvias, pouco práctico e eficaz á hora de levar a cabo análises de, por exemplo, augas da zona de Vigo, e aínda resultando máis grave no caso dunha posible alerta sanitaria.

En cambio, nos últimos meses, dun xeito intermitente, estamos asistindo o intento do que semella o desmantelamento do Laboratorio Municipal por parte de este Goberno Local. Pouco a pouco tratando de recolocar o cadro de persoal noutros servizos e deixando baleiras as funcións deste laboratorio.
Quizais á veciñanza de Vigo se lle está ocultando silenciosamente o gravísimo feito de que non se están facendo as análises necesarias no auga que consumimos nas nosas casas, ou mesmo nas fontes, o redor de 400 fontes que hai no municipio, onde xa non se informa da potabilidade do auga; do mesmo xeito que tampouco se establecen os controis necesarios sobre a empresa adxudicataria da xestión do auga, AQUALIA, o que, a este grupo municipal lle chama a atención, e evidencia que seguramente na “orquestación” do desmantelamento do único ente público que lles pode controlar, teñan como mínimo algún interese.

E que ademais este laboratorio tamén é o que ten as competencias sobre a inspección e control dos verquidos na rede de sumidoiros procedentes das actividades industriais e comerciais, e mesmo do control, tratamento e prevención das diferentes pragas que se poidan dar no municipio, co servizo de desratización, desinsectación e desinfección da rede de sumidoiros e en definitiva, todo aquel espazo e inmoble público.

As escasas respostas dadas por este goberno municipal sobre o que está a acontecer no Laboratorio Municipal, parecen centrarse en, por un lado, a non ter a acreditación ENAC, feito completamente irrelevante posto que, a calidade operativa do laboratorio está avalada tanto pola práctica intercomparativa como polo propio sistema de xestión da calidade implementado no laboratorio; e, porque ademais, resulta unha cuestión de vontades a solicitude de obtención do devandito certificado, do mesmo xeito que unha empresa calquera solicita un certificado de calidade.
Por outro lado, a outra resposta que este Goberno Municipal da sobre o laboratorio, ven do que xa estamos acostumadas e acostumados todos neste Concello, de xeito completamente arbitrario e “para o que me interesa”, baseándose nas competencias municipais que proporciona a este ente local a Lei 7/85 reguladora das Bases do Réxime Local, modificada pola Lei 27/2013, de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local. Na que, curiosamente, e entrando en contradición co Goberno Municipal, se recollen as competencias propias dos concellos, en concreto, no artigo 25, onde a mesma lei establece as competencias dos concellos, que poden promover toda clase de actividades e prestar cantos servizos públicos contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal. E, máis aló, partindo da existencia do Real Decreto 140/2003, cuxo texto consolidado foi modificado o 30 de xuño deste mesmo ano 2016, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade do auga de consumo humano, onde di que:

Sin perjuicio de lo establecido en la Ley 14/1986, de 25 de abril, General de Sanidad, y en la Ley 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases de Régimen Local, se establecen las siguientes responsabilidades en el ámbito de este Real Decreto:

1. Los municipios son responsables de asegurar que el agua suministrada a través de cualquier red de distribución, cisterna o depósito móvil en su ámbito territorial sea apta para el consumo en el punto de entrega al consumidor.

2. Cuando la captación o la conducción o el tratamiento o la distribución o el autocontrol del agua de consumo lo realice un gestor o gestores distintos del municipio, éste velará por el cumplimiento de este Real Decreto por parte de los mismos. La responsabilidad de los gestores finaliza en el punto de entrega a otro gestor o en la llave de paso general de la acometida del consumidor.

3. Los municipios velarán por el cumplimiento de las obligaciones de los titulares de los establecimientos que desarrollen actividades comerciales o públicas en relación con lo que señala esta disposición.

4. Corresponde a los municipios el autocontrol de la calidad y el control en grifo del agua que consume la población en su municipio cuando la gestión del abastecimiento sea de forma directa.

5. Cuando la gestión del abastecimiento sea de forma indirecta, el autocontrol de la calidad del agua de consumo humano es responsabilidad de los gestores, cada uno en su propia parte del abastecimiento.

6. Si la calidad del agua de consumo humano sufre modificaciones que impliquen que de forma temporal o permanente no sea apta para el consumo, en cada uno de los casos que señalan los apartados 1, 2 y 3 del presente artículo, el gestor deberá poner en conocimiento de la población y/o de los otros gestores afectados, así como del municipio, en su caso, dicha situación de incumplimiento, las medidas correctoras y preventivas previstas, a través de los medios y en la forma que considere más adecuada, de acuerdo con la autoridad sanitaria, a fin de evitar cualquier riesgo que afecte a la protección de la salud humana. …

Xunto co artigo 20, onde di:

Control en el grifo del consumidor.
1. Para las aguas de consumo humano suministradas a través de una red de distribución pública o privada, el municipio, o en su defecto otra entidad de ámbito local, tomará las medidas necesarias para garantizar la realización del control de la calidad del agua en el grifo del consumidor y la elaboración periódica de un informe sobre los resultados obtenidos. ..

Temos o privilexio de ter, en Vigo, un Laboratorio municipal dotado dos medios materiais e humanos precisos, e , agora, coa creación da Área Metropolitana, a oportunidade de potenciar o seu uso para os Concellos da Área, dando así un servizo eficaz, profesional e sobre todo independente, onde non medien intereses de empresas adxudicatarias de servizos públicos nin outras sensibles de provocar verquidos que poidan ser perigosos para a saúde humana e que, a día de hoxe, pasarían case que inadvertidos.

Isto non é nin máis nin menos que outra defensa dos servizos públicos, o mesmo nivel que a defensa da Sanidade Pública tal e como se está a facer con todo o que rodea o Hospital Álvaro Cunqueiro; Defender o Laboratorio Municipal tamén é defender a Sanidade Pública. Así como tamén é, como sempre, unha cuestión de vontades, e de novo, de entender a importancia da calidade e mesmo existencia dos servizos públicos.

Polo exposto, instamos a esta Corporación municipal a tomar o seguinte

ACORDO

1- O cese inmediato de todas as accións que se están levando a cabo con respecto o desmantelamento do laboratorio municipal, tales como os traslados de persoal do laboratorio a outros servizos do Concello e todas aquelas accións que supoñan o baleirado parcial ou total do Laboratorio Municipal

2- Levar a cabo as accións necesarias para potenciar o Laboratorio Municipal cara a ser a referencia na nova Área Metropolitana, coas xestións necesarias para a obtención dos certificados pertinentes e mesmo a xestión da partida orzamentaria adecuada para tal fin.