moción subsidiación hipotecaria.

4 de Abril de 2016

Os Plans de vivenda teñen levado distintos tipos de axuda para aqueles que, satisfacendo as debidas condicións socio-económicas, acceden a unha vivenda protexida. No caso de adquisición de vivenda atopábanse , en particular, as axudas de subsidiación de préstamos convenidos consistentes nunha cuantía económica que se desconta ó beneficiario na cota mensual que paga no seu préstamo. Este desconto mensual evaluábase atendendo á cuantía do préstamo, ó nivel de ingresos familiares do comprador da vivenda e ao tipo de vivenda protexida que se trate. A axuda concedíase por un período inicial de cinco anos, renovable durante outro período de igual duración e pola cuantía que corresponda, atendendo a unas condicións económicas do beneficiario e á presentación da solicitude en plazo.
O Real Decreto-Lei 20/2012 de 13 de xullo de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, no seu artigo 35, suprimiu dende o 15 de xullo de 2012 as axudas de subsidiación de préstamo contidas no Real Decreto 2066/2008, de 12 de decembro, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012
O Goberno considerou que, no actual coxuntura económica de insuficiencia orzamentaria e ante a evolución dos prezos da vivenda, a supresión de esas axudas estaba xustificada, pero non deixaba claro se se ían renova-las axudas xa recoñecidas no seu momento.
Non obstante, o Ministerio de Fomento publicou con posterioridade á entrada en vigor do Real Decreto-Lei 20/2012 unha nota para clarifica-lo artigo 35 xa mencioado ante, según explicita a nota, determinadas cuestións que suscitaban dúbidas de interpretación. Así, o criterio interpretativo que pensaba seguir o Ministerio de Fomento no marco de colaboración definido coas Administracións Autonómicas e entidades financeiras sería que non só suprímense novos recoñecementos de axudas de subsdiación de préstamos a partir da entrada en vigor do Real Decreto Lei 20/2012, senon que tamén rechazaríanse as resoluciónns de renovación do dereito a obter subsidiación polo comprador.
É dicir, denéganse as prórrogas na subsidiación dos préstamos convenidos otorgando carácter retroactivo ó RDL 20/2012 e recórtanse aún mais as axudas.
A interpretación restritiva do artigo 35 do Real Decreto-Lei 20/2012 que realizaba a Subdirección Xeral de Política e Axudas á Vivenda do Ministerio de Fomento remataba coa posibilidade de prorrogar as axudas, provocando graves perxuicios a moitos afectados que contaban coas mencionadas axudas para satisfacer os pagamentos dos seus préstamos.
Posteriormente, a disposición adicional segunda da Lei 4/2013, de 4 de xuño, de medidas de flexibilización e fomento do mercado de aluguer de vivendas, pechaba definitivamente a posibilidade de renovar a subsidiación en calquera plan de vivenda en que estas axudas estiveran concedidas.
A coordinadora de plataformas afectadas pola supresión da subsidiación de préstamos VPO calcula en máis de 300.000 persoas afectadas en todo o estado español que poderán ver incrementada a cota da súa hipoteca entre 90 e 200 euros ó mes e, e nalgúns casos, incluso podería chegar ata os 400 euros ó mes.
Trátase de persoas que adquiriron a súa vivenda protexida e contrataron hipotecas que foron convenidas nun período con presos de burbulla inmobiliaria e cuxas axudas son necesarias para facer fronte a tódo-los gastos. Coa supresión das renovacións, miles de afectados poderían perder as súa vivendas protexidas.
As xustas reivindicacións dos afectados, foron avaladas por institucións públicas como a do Defensor do Pobo e por sentencias xudicias que obrigan a seguir pagando a subsidiación pola compra de vivenda protexida, alegando que o dereito estaba recoñecido antes da entrada en vigor do Real Decreto 20/2012
A pesares de introducirse en agosto de 2014 unha nova revisión do criterio interpretativo do art. 35 do Real Decreto 20/2012, seguen
existindo casos de denegaciones retroactivas de subsidiación.
Polo exposto, instamos a esta corporación municipal a adoptar o seguinte

ACORDO

Que por tratarse dunha supresión retroactiva e ilegal; Instar ó Goberno da Xunta de Galicia a:

Que, con independencia da cuantía das transferencias finalistas do estado por ese concepto, adopte as medidas oportunas para o reestablecemento da subsidiación (e a concesión das suas prórrogas) sobre os préstamos convenidos dos beneficiarios afectados.