moción urxente reclamando medidas para paliar os efectos da declaración do estado de alarma (r.d. 926/2029) do domingo 25 de outubro na nosa cidade.
Por Marea de Vigo


MOCIÓN URXENTE RECLAMANDO MEDIDAS PARA PALIAR OS EFECTOS DA DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMA (R.D. 926/2029) DO DOMINGO 25 DE OUTUBRO NA NOSA CIDADE.
O pasado domingo día 25, días despois de terse convocado a Xunta de Voceiros que acordou orde do día deste Pleno, o Goberno do estado mediante o Real Decreto 926/2020 declarou o Estado de Alarma ante o preocupante incremento dos casos de contaxio e hospitalizacións que se estaban a producir especialmente no propio venres 25 e sábado 26. Unha cifra que xa viña sendo extremadamente preocupante a partir do día 22, cando se chegou á alarmante taxa de 349 casos de contaxio por cada 100.000 habitantes.
O Estado de Alarma declarado é a concrección da realidade da profundidade da segunda onda, superando amplamente (por motivos múltiples incluídos a maior cantidade de PCR e controles) a primeira onda de contaxios.
Ate o domingo as administracións públicas estaban un tanto á espectativa dos acontecementos, con diferentes criterios de interpretación dos datos e polo tanto de adopción de medidas concretas. A partir do domingo a situación é clara e require de medidas urxentes e decididas por parte do Concello de Vigo e especialmente da Xunta de Galicia, sobre a cal o propio Real Decreto 926/2020 pon responsabilidades concretas e decisións que non poden ser nin postergardas nin delegadas nunha suposta asunción de competencias por parte da administración central ou os propios concellos.
O Concello de Vigo ten que analizar cal será o estado real e as necesidades da cidade dende hoxe ate o 9 de maio, en previsión de que o Estado de Alarma teña un impacto preocupante na economía local, especialmente no sector hostaleiro, que verá limitacións de horarios que se suman xa ás limitacións de aforo.
O transporte público ten que ser unha prioridade de seguridade e calquer acordo económico ou concesional coa empresa privada xestora do servizo ten que quedar postergado en aras do interese público xeral (elemento relevante xa que está a condicionar a limitación de aforos nos vehículos e a toma de decisión sobre ampliación de frecuencias nas liñas).
O Concello tamén ten que tomar xa de urxencia a decisión de reorientar a totalidade do gasto do futuro orzamento para o 2021 e o uso do superávit pendente de 2019 na seguridade sanitaria e na cobertura social dos veciños e veciñas de Vigo ante un evidente aumento da pobreza e da exclusión social que xa é notorio nas nosas rúas.
Pero especialmente acuciante é que a Xunta de Galicia asuma as súas competencias que en materia sanitaria, económica e de normativa ten, vinculadas ou non ao Estado de Alarma. É a Xunta a que ten que reforzar, tal e como recolle a moción que tamén Marea de Vigo trae a este Pleno, os servizos sanitarios, porque ademáis da COVID-19, hai miles de pacientes esperando operacións, mesmo diagnoses de patoloxías graves, reforzar a Atención Primaria que xa está a sufrir o estrés da situación sanitaria e dun posible novo colapso hospitalario. Pero é ademais a Xunta a que ten que tomar decisións en canto a extensión horaria da limitación de circulación das personas en horario nocturno, mobilidade da comunidade autónoma, numero máximo de persoas en xuntanzas sociais e familiares, etc. E é tamén a administración autonómica a que pode poñer recursos para a promoción económica en sectores que van a sufrir a situación derivada desta nova onda do virus de xeito máis profundo: sector servizos, comercio, hostelería, etc…
Polo exposto, o Grupo Municipal Mixto (Marea de Vigo) presenta ao Pleno para a súa aprobación se procede os seguintes ACORDOS:
1. Ao Concello de Vigo a establecer de urxencia a limitación do aforo en autobuses ao 50% e ao aumento análogo das frecuencias na mesma porcentaxe especialmente nas horas puntas e nas liñas que conectan os barrios con centros hospitalarios.
2. Ao Concello de Vigo a convocar de urxencia o Consello Social da Cidade previo á elaboración dos Orzamentos 2021 para analizar o impacto a maiores que vai ter na cidade o novo estado de alarma e as necesidades urxentes.
3. Ao Concello de Vigo a suspender toda actividade prevista para o Nadal que implique presenza física na rúa en espazos delimitados (mercado de Nadal de Praza de Compostela, noria e calquer acto (flashmob por exemplo) que poida poñer en risco a saúde das persoas reorientando os recursos económicos a campañas e axudas no comercio local, hostalería e ao sector cultural e asociativo (AA.VV.).
4. Á Xunta de Galicia a ampliar o horario previsto no Real Decreto 926/2020 de limitación de circulación das persoas ás 00:00 permitindo aos negocios hostaleiros ir adaptandose á nova realidade en canto a horarios do persoal, limpeza e recollida dos establecementos, etc…
5. Á Xunta de Galicia a reforzar servizos sanitarios en Vigo, especialmente na atención primaria e o reforzo hospitalario que evite de novo retrasar operacións e diagnoses urxentes.
6. Á Xunta de Galicia a utilizar de xeito inmediato na cidade de Vigo a parte proporcional á poboación censada de todos os recursos económicos transferidos polo Goberno central á comunidade autónoma para paliar os efectos da COVID-19 na economía e no gasto sanitario e social.