moción xullo 2015. solicitude de constitución de comisión especial de investigación

31 de Marzo de 2016

O ARTIGO 51 do regulamento orgánico do pleno do Concello de Vigo permite por solicitude dun grupo municipal ou do alcalde a constitución de COMISIÓNS ESPECIAIS que permitan “constituír, en calquera momento, para un asunto concreto co fins de estudo, elaboración de propostas ou outros de natureza análoga, co ámbito de actuación que se estableza no seu acordo de creación.”

En datas recentes, os xulgados de instrucción nº 7 e o número 1 iniciarion sendas operacións de investigación sobre presuntos delitos de contratación ilícita que significaron que a UNIDADE CONTRA O CRIMEN ORGANIZADO (UDYCO) realizara rexistros en dependencias municipais e incautara unha gran cantidade de documentación sobre contratos con empresas de servizos.

A día de hoxe este pleno descoñece que documentación foi requisada, de que departamentos, que información contiña e cales son as bases da imputación dun concelleiro desta corporación neste proceso xudicial.

Por este motivo MAREA DE VIGO considera máis que xustificada esta petición de apertura dunha COMISIÓN ESPECIAL DE INVESTIGACIÓN que clarifique que contratos, con que empresas, que importes económicos e mesmo que responsabilidades políticas poderían estar inmersas nos feitos que investigan os xulgados vigueses.

Esta comisión, ponderada pola representatividade no pleno, emitiría un informe sobre estos procedementos xudiciais abertos e emitiría un informe para a súa discusión en pleno.

Polo tanto instamos ao pleno da corporación local de Vigo a aprobar a:

  • Constitución no pleno do Concello dunha comisión especial de investigación sobre os procesos xudiciais abertos que teñen relación con concellerías e departamentos municipais.