pregunta ao goberno sobre a situación na que se atopa o cadro de persoal de vixilancia na rede museística.

26 de Febreiro de 2020

PREGUNTA AO GOBERNO NO PLENO DO 26 DE FEBREIRO SOBRE A SITUACIÓN NA QUE SE ATOPA O CADRO DE PERSOAL DE VIXILANCIA NA REDE MUSEÍSTICA, CONCESIONADO COA EMPRESA A-1

Á vista das faltas tipificadas coma moi graves por incumprimento da normativa laboral, segundo a cláusula 33 do prego de cláusulas administrativas do contrato do servizo de vixilancia da rede de museos, adxudicada á empresa A1, así coma o expresado na cláusula 38 do mesmo prego, na que se afirma que ditas causas serán motivo de resolución do contrato, e sendo sabedor este Goberno tras os varios escritos trasladados ao mesmo por parte das diferentes centrais sindicais, preguntamos a este Goberno local; 

Cando vai a dar cumprimento á normativa establecida nos devanditos pregos ?