pregunta impacto ambiental astinor. novembro 2015

4 de Abril de 2016

O pasado 6 de novembro o BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA inclúe un anuncio da AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO sobre unha SOLICITUDE DE AMPLIACIÓN DO OBXETO DA CONCESIÓN ADMINISTRATIVA DA QUE É TITULAR A EMPRESA EMBARCACIONES ASTINOR S.L. na zona da Riouxa en Teis.

A devandita empresa ten incoado un expediente de infracción urbanística por obras sen licenza con número de rexistro no Concello de Vigo 13063/423 precisamente por actuacións nesa franxa costeira do noso litoral sistemáticamente denunciadas por colectivos cidadás como VOCES POLO LITORAL DE TEIS.

Por canto queda exposto o Grupo Municipal da Marea de Vigo formula a seguinte

PREGUNTA:

¿Pensa este Concello informar negativamente sobre a solicitude de ampliación de actividade que pretende a empresa EMBARCACIONES ASTINOR S.L. na Riouxa (Teis) que volta a poñer en risco un litoral xa en grave situación de ameaza ambiental pola actividade industrial descontrolada?