pregunta normalización lingüística no pleno. agosto 2015

1 de Abril de 2016

Despois de comprobar que algunhas e algúns/as concelleiros/as tanto do grupo municipal do PSG como do PP non respectan a ordenanza municipal de Normalización Lingüística de 17 de maio de 1989 que no seu artigo XI do capítulo primeiro, di que: ” Os cargos do concello expresaranse en galego nos actos públicos…” e sabendo que este pleno é público, formulo a seguinte:

PREGUNTA:

¿Ten a intención o Goberno Municipal de cumprir e facer cumprir a ordenanza municipal de Normalización Lingüística de 17 de maio de 1989, concretamente, no seu artigo XI do capítulo primeiro, onde di que os cargos do concello se expresarán normalmente en galego nos actos públicos, sabendo que este pleno é público?