preguntas e rogos in voce. abril 2016

25 de Abril de 2016

PREGUNTAS

1.- ¿Que criterio se seguíu para cambiar os modos de pago nas piscinas municipais, así coma nos ximnasios, non homoxeneo por certo, onde agora un bono soamente dura 45 días e antes 6 meses, así coma o obrigar a pagar a cidadanía con tarxeta bancaria; xerando multitude de reclamacións tal e como o concelleiro de deportes é consciente?

2.- ¿Teñen todas as instalacións eléctricas no Concello de Vigo pasadas as Oca’s correspondentes e ó día?

ROGOS

1.- No cruce da Rúa Montero Ríos con Rúa Pablo Morillo no edificio coñecido como EDIFICIO MÜLDER figura unha placa conmemorativa do seu arquitecto, Manuel Gómez Román. A recente colocación dunha marquesina deixa a mesma no interior da terraza do establecemento hoteleiro polo que rogamos fagase valer a legalidade urbanística se a devandita marquesina non cumple os requisitos de patrimonio (está anclada a un edificio catalogado) ou, de ser así, sexa trasladada a un lugar visible.

2.- Rogamos o alcalde e a concelleira de benestar social reciban as persoas que van ser desafiuzadas e solicitaron en reiteradas ocasións reunirse cos mesmos, en varias datas e na forma correcta nos últimos meses, en concreto cos números 160045775, 160046203 e 160046222.