pregunta modificacion lei aborto. xullo 2015.

31 de Marzo de 2016

O actual proxecto do Partido Popular de Lei de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, obrigará as menores de entre 16 e 18 a contar con autorización “paterna” para poder decidir sobre Interrupción Voluntaria do seu Embarazo.

Esta reforma parcial e urxente da lei do aborto, carente de consenso social e de apoios parlamentarios, vén a sumarse ao recurso presentado polo PP ante o Tribunal Constitucional contra la lei de prazos e os constantes ataques do Partido Popular contra o dereito das mulleres a decidir.

Nestes intres, a lexilación vixente só permite decicir sobre o aborto a mozas de 16 e 17 anos, sen informar aos seus “proxenitores”, en determinados casos excepcionais. Esta excepcionalidade representa unha porcentaxe realmente baixa sobre o total de abortos en menores (un 0,4% en 2013) e basease na existencia de situacións sociais complexas de vulnerabilidade (malos tratos, ameazas, coaccións ou violencia intrafamiliar).

Por todo isto, dende a Marea de Vigo desexamos un pronunciamento do Concello de Vigo en contra desta lei e formulamos a seguinte

PREGUNTA

  • ¿Vaise a pronunciar o Concello de Vigo explícitamente en contra, desta lei de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, que suprime o dereito das menores a decidir sobre o seu propio corpo?