pregunta sereos. xullo 2015.

31 de Marzo de 2016

Como vostedes son coñecedores, o programa municipal Sereos do Casco Vello, que prestaba o seu apoio a sectores da poboación con problemáticas de pobreza crónica e severa, xunto con enfermos crónicos, foi trasladado inxustificadamente a unha furgoneta e posteriormente a un pequeno autobús; nunha auténtica intervención municipal de estigmatización e expulsión da poboacion diana que acudía ao devandito servizo municipal no Casco Vello, que era evaluado anualmente cuns resultados, tanto numéricos como de calidade como moi eficaz, e recoñecido socialmente. Dende aquela decisión o programa foi decaendo de forma considerable.
Actualmente o programa chamado “sísifo”, contratado coa fundación “Érguete”, volve a ser devaluado o ter retirado o autobus voltando a unha cutre furgoneta, feito que de por si, resulta humillante e de desprezo para os potenciais usuarios( Por certo, sobre o autobús non sabemos de quen é propiedade, nin canto supón o seu custe de ser este de aluguer, nin tampouco a onde foi a parar ao ser retirado para o uso que foi adquirido).

Nunha cidade aparentemente rica e cunhas arcas municipais saneadas, tal e como expresa o actual goberno poñéndonos como exemplo de inversión en política social a nivel estatal, e, en base ás promesas expresadas polo seu alcalde, formulamos a seguinte

PREGUNTA:

• ¿ Cando se vai ofrecer este servizo nun local municipal en condicións de comodidade, asertividade, inclusión socio-veciñal e acorde coas necesidades da poboación usuaria do servizo na contorna onde se atopan estas cidadás e cidadáns?