marea de vigo esixe a inmediata retirada da publicidade dos mupis e marquesiñas da cidade que forman parte da campaña antiabortista.

24 de Xaneiro de 2022

Marea de Vigo esixe a inmediata retirada da publicidade dos mupis e marquesiñas da cidade que forman parte da campaña antiabortista ante o evidente incumprimento da empresa concesionaria do artigo 14 do prego administrativo.

Oriana Méndez: “A presenza na cidade en marquesiñas de paradas de autobús e soportes de información en vía pública de carteis da campaña promovida pola Asociación Católica de Propagandistas (AcdP) que alenta as concentracións e acoso ás clínicas que practican interrupcións voluntarias de embarazo constitúe unha clara vulneración do artigo 14 do PREGO DE CONDICIÓNS XURIDICO-ADMINISTRATIVAS do contrato adxudicado en 2007 a una empresa hoxe absorvida por JCDECAUX ESPAÑA, S.L.U. que impide claramente a presenza de propaganda sexista ou vexatoria contraria a dereitos constitucionais”.

Vigo, 24-01-2022. “Esta asociación ultracatólica – sinala a concelleira – ten desenvolvido estes días unha campaña en 33 cidades do Estado co lema ‘Cancelado’ e na que suscitan expresamente ás concentracións e acoso ante as clínicas onde se practiquen interrupcións voluntarias de embarazos”. Esta campaña, especialmente apoiada por marquesiñas, cartelería e outros elementos na vía pública, “chegou aos elementos publicitarios públicos existentes no Concello de Vigo e de titularidade municipal e están, polo tanto, baixo responsabilidade de Goberno local a pesar de estar xestionado de xeito indirecto por unha empresa concesionaria” afirma Oriana Méndez.

Marea de Vigo solicitou hoxe o expediente completo do contrato e remitiu un escrito á concellería de igualdade e a concellería de mobilidade e seguridade (a que ten facultade administrativa no contrato) para que soliciten de inmediato a retirada de esta campaña vexatoria e acosadora a un dereito reglado e absolutamente lícito das mulleres, ante o que considera “unha clara deixación de funcións inspectoras do Concello de Vigo no procedemento dunha concesionaria”.

Marea de Vigo lembra que o prego indica no seu artigo 24 a facultade de dirección e inspección da administración, que corresponde a Área de Seguridade, o no seu caso da área que se designe, quen poderá dirixir instrucións ao adxudicatario sempre que non supoñan modificacions das clausulas dos pregos aprobados e demáis documentos contractuais, “que neste caso simplemente sería conminalos a cumprir o artigo 14 do prego que literalmente di: Os licitadores se obrigan expresamente a cumprir con toda a normativa sobre a natureza da publicidade exposta tanto en cuanto a súa localización como ao seu contido con estrito cumprimento das normativas de aplicación a nivel nacional, autonómico e local, non admitindose en ningún caso publicidade sexista, vexatoria ou que non respete a liberdade relixiosa ou calquera outra contraria á constitución” conclúe a concelleira, Oriana Méndez.