marea de vigo – son en común traslada ao parlamento europeo as súas dúbidas sobre os empregos dos fondos dusi en vigo.

20 de Setembro de 2019

Marea de Vigo – Son En Común traslada ao Parlamento europeo as súas dúbidas sobre os empregos dos fondos DUSI en Vigo.

Marea de Vigo-Son En Común trasladou ao Grupo confederal da Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) unha serie de preguntas dirixidas á Comisión europea e escritos á Comisión de peticións cuestionando o uso dos fondos DUSI para unha tala masiva de árbores en Gran Vía ou actuacións coma o túnel de Porta do Sol.

Vigo, 20-9-2019. Marea de Vigo trasladou a través da eurodeputada Sira Rego do GUE as dúbidas sobre a xustificación do financiamento con fondos europeos dos proxectos de Gran Vía e Porta do Sol, fondos que se enmarcan dentro das Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integradas (DUSI), co-financiadas en un 80% polo Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020.

Marea de Vigo-Son En Común alerta nos seus escritos que dentro da estratexia para a implementación destes fondos europeos, e tal e como reflicten as bases do proxecto, a participación cidadá e dos axentes sociais debe estar presente no proceso de redacción dos proxectos, no seu seguimento e mesmo na avaliación do cumprimento dos obxectivos marcados, algo inexistente actualmente.

No escrito, Marea de Vigo-Son En Común considera que El proyecto contempla la tala masiva de árboles de gran porte con más de 70 años (13 tilos y 41 castaños de las Indias) y el traslado y posterior replantación de 29 naranjos y 45 camelios, que forman parte de la Gran Vía y su entorno desde hace más de 40 años. El proyecto incluye un informe de un perito agrónomo que recomienda la tala total de los 13 tilos y 41 castaños por encontrarse “enfermos” sin más explicaciones y ni evaluación de posibles tratamientos fitosanitarios alternativos que puedan evitar la tala.

Marea de Vigo-Son En Común pregunta á Comisión europea se pensa dar seguimento e control aos proxectos; e, de detectar irregularidades instará ao Concello a subsanar os erros así como a paralizar os fondos se non se axustan ao uso para eles establecido.